16 de setembro de 2014
Cambiou a forma que teñen os clientes de relacionarse coas marcas, polo que é fundamental ter interconectadas todas as canles de difusión das que dispón unha empresa.
O vindeiro xoves 18 ás 11.30 h realizarase no Pazo de Mariñán (Bergondo, A Coruña) a xornada Últimas tendencias en márketing dixital, enmarcada no programa de Actividades en aberto da Factoría de Innovación da Coruña.
O márketing nos últimos anos cambiou moito e todo indica que o vai seguir facendo ano tras ano. Por este motivo, é fundamental coñecer as últimas tendencias na aplicación das novas estratexias comerciais.
Podes consultar o detalle do programa e cubrir o formulario de inscrición, dende este enlace.
As inscricións, con carácter gratuíto, formalizaranse por orde de inscrición no correo electrónico fdi_acoruna@eoi.es, no teléfono 981 060996 ou no formulario indicado. Capacidade limitada.
Invitación e detalle da xornada: Últimas tendencias en márketing dixital (2 MB)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible