Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de setembro de 2014

A primeira Charity de Galicia : dálle ás túas cousas unha 2ª oportunidade

Solidariedade, sustentabilidade, medio ambiente e benestar social na primeira Charity Shop de Galicia.

A Charity Shop son mercadillos e tendas solidarias, onde organizacións non lucrativas venden produtos doados, reciclados, feitos a man, así como outros de diferente índole e fano por unha boa causa, habitualmente para recadar fondos para a devandita organización ou para destinar o diñeiro a un programa solidario. O obxectivo das Charity Shop é facer do mercado xusto un acontecemento que realmente importa.

O Centro de Actividades VENTO é o emprazamento, o escenario e o lugar ideal para desenvolver a I Charity Shop de Galicia. Esta pretende mostrar ao cidadán aquelas organizacións, proxectos, persoas e empresas que traballan baixo unhas normas éticas e transparentes, desenvolvendo un papel imprescindible para achegar solucións aos problemas do noso mundo baixo os valores da solidariedade, a sustentabilidade, o medio ambiente e o benestar social.

Obxectivos:

- Promocionar, publicitar e situar todas as entidades participantes.

- Recadar fondos para causas ou programas de agrupacións non lucrativas.

- Crear oportunidades. Xerar sinergías e alianzas entre os participantes.

- Captar a atención dos consumidores sobre produtos ou servizos responsables impulsados por emprendedores e empresas sociais.

- Xerar coñecemento ao redor dos grandes desafíos do noso século, dando a coñecer a aquelas entidades, persoas e emprendedores que apostan por unha transformación social, responsable e sustentable.

¿Onde e cando? : no Centro de Actividades Vento o próximo 11 de outubro.

Quen pode participar?:

Grupo 1: Ong, asociacións, fundacións ou agrupacións sen ánimo de lucro que desexen recadar fondos para a súa iniciativa, causa ou organización.

Grupo 2: Persoas individuais que necesiten recadar fondos para unha causa particular propia, un grupo ou o seu propio programa social.

Grupo 3: Emprendedores sociais.

Para coñecer as condicións de participación podes contactar con AJE A Coruña no 981915635 ou enviando un email a info@ajecoruna.com .

+info sobre a Cahrity Shop

+info sobre a campaña de doazón

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión