25 de setembro de 2014
O coñecemento das posibilidades que o e-commerce ofrece como nova canle de venda é fundamental para emprendedores e empresarios.
Entre os días 30 de setembro e 2 de outubro, terá lugar na Escola de Emprendemento Agra do Orzán o Taller E-Commerce - Comercio electrónico. O negocio do século XXI.
Neste taller veremos a evolución do comercio ata chegar ao comercio electrónico e os seus diferentes tipos. Xa non é necesario posuír o produto para vendelo, ou ter que montar unha tenda física para poder levar a cabo unha actividade comercial, coa chegada de internet, novos modelos de negocio chegaron a nós co fin de que vendamos máis, máis fácil e máis eficientemente.
Hora: de 09.00 a 14.30 h.
Inscricións: gratuítas no 981185037 ou en informa@emprendedorescoruna.es
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible