Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

2 de maio de 2019

A II edición da Feira de Economía Social, na que participan o sábado 15 entidades, busca “visibilizar para o gran público unha maneira alternativa de entender a economía”

O edil Alberto Lema deu a coñecer esta mañá a programación do evento, que se celebra de 11.00 a 21.00 horas na praza de España, e que inclúe charlas sobre o cooperativismo complementadas con actividades lúdicas e un espazo infantil

O concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, presentou esta mañá a segunda edición da Feira de Economía Social, que terá lugar o vindeiro sábado día 4, e na que participarán 15 entidades "para visibilizar e achegar ao gran público unha maneira alternativa de entender a economía". A feira contará cunha zona de exposición no que as diferentes entidades e cooperativas "darán a coñecer os seus produtos e servizos, que abranguen practicamente todos os sectores da economía", como sinalou o edil, cunha programación paralela para afondar na economía social a través de charlas e mesas de debate, actividades culturais e un espazo infantil de xogos e obradoiros. A cita comeza ás 11.00 horas, na praza de España, e rematará contra as 21.00 horas.

O edil salientou que esta feira, que celebra este ano a súa segunda edición, é unha medida máis no labor de difusión das fórmulas asociativas da economía social que realiza o Goberno local, como poden ser a integración do Concello na rede Eusumo, a posta en marcha de programa educativos vinculados ao coñecemento das cooperativas como Semente e a inclusión de cláusulas sociais na contratación pública ou dunha fórmula nos orzamentos para abrir a posibilidade de financiamento a través dunha cooperativa financeira.

A programación inclúe tres mesas temáticas "nas que se vai debater sobre a situación actual das empresas de economía social, as súas problemáticas e procesos de creación", como sinalou Lema, que comezarán co coloquio A economía social, unha forma diferente de emprender ás 11.30 horas. Nela participarán Espazo Coop Unión de Cooperativas Galegas, a Asociación Empresarial de Sociedades Laborais de Galicia (Aesgal) e Plano Pementa Cooperativa de Educación, Creación Artística e Xestión Cultural.  A segunda das charlas, que terá lugar ás 12.30 horas, tratará da A economía social con fins sociais e medioambientais e nela intervirán representantes de Mulleres Colleiteiras e de Nosa Enerxía. Por último, xa ás 18.00 horas, celebrarase o coloquio titulado Emprender na economía social, con Eunor, Ítaca Software Libre, AlmaZen de Yoga, I LAB Centro especial de empleo e DezdeDez. Estas charlas estarán complementadas con actividades lúdicas como contacontos (ás 13.30 e ás 17.00 horas) e actuacións musicais a partir das 19.00 horas. Ademais, haberá un espazo de xogos para os nenos e as nenas no que están programados tres obradoiros infantís.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión