19 de febreiro de 2015
Unha oportunidade para mozas con proxectos de negocio. Ampliado o prazo para presentar candidaturas
A UDC, acaba de adherirse ao Progama Yuzz orientado á captación e promoción de xente nova con proxectos de negocios, unha actuación máis, a engadir ao seu programa de actuacións para conseguir mellorar a empleabilidad do seu estudantado.
Este proxecto está coordinado polo Centro Internacional Santander de Emprendimiento (CISE) coa colaboración de numerosas entidades públicas e privadas.
O programa está dirixido a xente nova de entre 18 e 31 anos. Os proxectos que resulten seleccionados, terán a posibilidade de desenvolvelo durante 5 meses co apoio, formación e asesoramento de expertos profesionais pertencentes a empresas de prestixio.
Finalizado o proceso de formación e asesoramento, os mellores proxectos de cada un dos Centros Yuzz realizarán unha viaxe a Silicon Valley. Ademais de ésto, os tres mellores proxectos do Estado, recibirán unha dotación para poñer a andar o seu negocio: 30.000,00€ para o primeiro, 20.00000€ para o segundo e 10.000,00€ para o terceiro.
A convocatoria para participar no programa está aberta ata o 26 de febreiro . A candidatura deberá enviarse a través da plataforma www.juzz.org
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible