22 de agosto de 2014
Apoio financeiro a PEMES - Bonificación dos custos de financiamento de préstamos superiores a 25.000 euros con Fondos ICO 2014.
Segue vixente a Axuda do IGAPE [Instituto Galego de Promoción Económica] para a bonificación dos custos financeiros das pequenas e medianas empresas de Galicia, titulares de préstamos superiores a 25.000 € con fondos do ICO [Instituto de Crédito Oficial] instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o IGAPE, entidades financeiras e as sociedades de garantía recíprocas.
Beneficiarios potenciais: autónomos, microempresas ou PEMES, calquera que sexa a súa forma xurídica.
Requisitos: ter formalizado un préstamo con cargo a algunha das liñas ICO: liña ICO-Empresas e Emprendedores 2014 ou liña ICO-Garantía SGR/SAECA 2014, por un importe superior a 25.000 euros, a un prazo igual ou superior a 5 anos e cumprir coas condicións específicas de actividade e localización establecidas nas bases.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 20 de novembro do 2014.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible