9 de outubro de 2014
Coñece esta nova tecnoloxía e obtén unha visión de todas as oportunidades de negocio que se van xerar.
O vindeiro xoves 16 de outubro, de 18.00 a 20.00 h, terá lugar a xornada “Innova utilizando dróns na túa loxística”, cuxo obxectivo é dar a coñecer as oportunidades de negocio que está tecnoloxía vai xerar. O abaratamento de custos propiciou que o uso de dróns transcendese do uso militar ao uso empresarial, fomentando a aparición de novos servizos e posibilidades.
A xornada está en marcada no programa de Actividades en Aberto da Factoría de Innovación da Coruña.
As inscricións de carácter gratuíto pódense realizar a través do correo fdi acoruna@eoi.es, no teléfono 981 060996 ou a través do formulario dispoñible na web do evento.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible