19 de xullo de 2012
A concelleira de Emprego e Empresa, Luisa Cid, presentou onte no Centro Municipal de empresas unha liña da Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) de financiamento sen necesidade de aval dirixida a emprendedores e novos empresarios.
O importe máximo que poderá obterse serán 75.000 euros e terá como único requirimento que o proxecto que se leve a cabo sexa viable.
Durante o ano 2011 esta asociación tramitou un total de 24 préstamos deste tipo na Coruña cun importe total dun millón de euros.
O empresario Brais Martínez, de Enxendra Technologies, empresa localizada no Centro Muncipal de Empresas, participou explicando a súa experiencia con esta liña de financiamento.
Centro Municipal de Empresas. Rúa Galileo Galilei 62. 15008 A Coruña
Noticia: AJE Coruña Captou no 2011 axudas por un millón de euros para os emprendedores (163 KB)
Noticia: Préstamos sen aval para os emprendedores coruñeses (133 KB)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible