8 de xaneiro de 2015
Primeira convocatoria 2015 no marco da segunda edición do Programa Re-Acciona.
Aberta a segunda fase do programa Re-Acciona, convocado pola Consellería de Economía e Industria e canalizado a través do IGAPE. As PEMES galegas interesadas en realizar accións de mellora da súa competitividade poden solicitar a súa participación ata o próximo 16 de xaneiro.
No caso de que as solicitudes excedan as prazas dispoñibles, aplicarase o baremo indicado nas bases da convocatoria.
As experiencias do programa anterior, poden revisarse dende Re-Acciona, cando as persoas queren, as empresas poden.
Toda a información relacionada cos servizos do programa Re-Acciona pode consultarse dende aquí; e a solicitude para participar no programa está dispoñible en 1ª convocatoria 2015.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible