3 de outubro de 2014
A distribución, o comercio e os servizos son os sectores onde maior incidencia está a ter a innovación debido principalmente á rapidez dos cambios, os costumes dos usuarios e os consumidores, e o forte desenvolvemento das novas tecnoloxías, especialmente as TIC.
Organizada pola Rede de Innovación de Arteixo, o vindeiro xoves 9 de outubro terá lugar a Xornada de innovación no sector comercio e servizos profesionais. Nela, abordaranse distintas experiencias do sector en materia de innovación, presentando empresas e solucións innovadoras a problemas actuais.
Os obxectivos da xornada estarán centrados en:
- Analizar novas fórmulas de negocio no sector comercio e servizos profesionais orientadas cara á innovación.
- Coñecer o desenvolvemento de estratexias innovadoras no lanzamento de novos produtos e servizos.
- Profundar nas tendencias para os próximos anos en materia de innovación para ambos os sectores.
Pode participar nesta xornada calquera persoa con inquietudes relacionadas coa innovación no sector do comercio, a distribución, a artesanía, así como no sector servizos, xa que está dirixida a pemes en xeral e, en particular, a directivos, xerentes, empresarios ou emprendedores.
A xornada desenvolverase de 16.00 a 20.30 horas no Centro Arteixo Innovación [Avda. Arsenio Iglesias. Parc. 46. Polígono de Sabón - Arteixo (A Coruña)].
As inscricións son gratuítas e pódense formalizar a través do correo electrónico RedInnovacion_Arteixo@eoi.es, no teléfono 981 641 095, ou a través deste enlace.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible