Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de setembro de 2014

Xornada: Innovación no sector industrial-construción

A innovación como necesidade vital para as nosas empresas.

Organizada pola Rede de Innovación Arteixo, o vindeiro xoves 18 de setembro, de 16.00 a 20.00 h terá lugar no Centro Arteixo de Innovación, a xornada Innovación no sector industrial-construción.

O fenómeno da innovación afecta a todas as áreas de innovación da empresa e moitas delas apostaron por reinventar parte ou a totalidade do seu modelo de negocio.

Os obxectivos que se perseguen coa realización desta xornada son os seguintes:

- Analizar diferentes modelos de negocio para os sectores.

- Coñecer o desenvolvemento de estratexias innovadoras no lanzamento de novos produtos e servizos.

- Profundar nas tendencias para os próximos anos en materia de innovación para ambos os sectores.

A xornada está dirixida a pemes, directivos, xerentes, empresarios, emprendedores ou particulares con inquietudes no sector industrial-construción ou interesados nel, con curiosidade polos procesos e as actividades de innovación existentes.

A inscrición á xornada é totalmente gratuíta e pódese realizar dende www.eoi.es/fdi/arteixo; a través do enderezo de correo electrónico RedInnovacion_Arteixo@eoi.es ou a través do teléfono 981.64.10.95.

Documentos:

Invitación Xornada de Innovación no Sector Industrial-Construción (288 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión