Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cinenterraza: "Cult-movies, 2021"

Un ano máis, celebraremos Cinenterraza con todas as precaucións necesarias e coa capacidade máis reducida do habitual, pero co mesmo número de películas e persoas invitadas, mantendo o nivel de citas anteriores.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 07/07/2020 ata o 29/07/2021

Xa rematou

Horario:

22.30 h

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

* Entradas á venda o luns anterior a cada proxección

Prezo: 3,00 €

Descontos para carné xove, + 65 anos e persoas desempregadas: 2,00 €

Para acceder aos descontos é obrigatorio presentar o documento que o acredite no momento de adquirir a entrada en despacho de billetes ou no acceso ao recinto se a comprou en liña.

Televenda:

Corunacultura.sacatuentrada

Requisitos:

Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que estean en período de corentena domiciliaria por ter contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.

Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto, e realizarase o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.

En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:

· Usar máscara de forma obrigatoria

· Prestar atención e cumprir coa información da cartelería e das persoas responsables da seguridade.

· Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de espera etc.

· Aplicación de solución hidroalcohólica nas mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.

• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo/proxección deben facelo con entrada.

RECOMÉNDASE:

Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.

Actuar con responsabilidade.

As noites de xullo no Fórum Metropolitano servirán unha vez máis para enchernos os ollos de imaxes en compañía dun auténtico "quen é quen" cultural da Coruña e arredores. A primeira en chegar será Anxela Baltar, voz e guitarra de Bala, o grupo que está nestes momentos na fala da xente, e pechará o ciclo David Fidalgo Omil, novo talento do cinema de animación da inesgotable canteira galega que xa leva un nomeamento ao Goya ás súas costas. Tamén contaremos co pintor edu_ALBO, un dos artistas máis recoñecidos e queridos desta cidade, e co deseñador gráfico David Carballal, que acaba de comisariar a exposición do cartelista psicodélico Víctor Moscoso, sen dúbida un dos eventos da tempada. Sen abandonar o deseño, tamén nos visitará o editor e debuxante de cómic Manel Cráneo, xefe supremo de Demo Editorial e un apaixonado da sétima arte. E por último, unha cineasta de nivel superior, como Jaione Camborda, que acaba de terminar o seu pase triunfal por cinemas e festivais con Arima, e a xornalista e axitadora cultural María Yáñez Anllo, entre outras cousas, cabeza pensante da imprescindible revista dixital Vinte.

Este ano quixemos centrarnos máis que noutras ocasións no ímpeto de realizadores moi novos (ou que polo menos o eran cando rodaron as películas que proxectaremos) porque agora, máis que nunca, temos que estar pendentes do presente. Así, aínda que hai algunha mirada ao pasado da man de mestres absolutos que nos visitan por primeira vez como Yasujiro Ozu e a súa xoia Primavera tardía, ou Jean-Luc Godard e ese fito da modernidade que é Banda aparte, tamén haberá espazo para vellos coñecidos como Robert Bresson e unha das súas películas máis emocionantes, Al azar Balthazar, ou para un clásico moderno que segue batallando na actualidade, como o inglés Terence Davies e as súas Voces distantes. De aí daremos un salto cara a adiante cunha das primeiras películas de Leos Carax, Mala sangre: cinema furioso e vibrante cuxo impacto segue vixente. E furiosas tamén son as imaxes de Valhalla rising, alucinada odisea viquinga de Nicolas Winding Refn. Para finalizar, este ano celebrouse a reestrea en calidade insuperable do cinema de Wong Kar-Wai. Querémonos sumar á celebración e proxectar a que é a súa obra magna: In the mood for love. Cinema en tempo presente para armarnos de ideas de cara ao futuro, que por fin empeza a ser máis luminoso.

  • 7 de xullo: Under the skin de Jonathan Glazer
  • 8 de xullo: In the mood for love de Wong Kar-Wai
  • 14 de xullo: Bande à part de Jean-Luc Godard
  • 15 de xullo: Distant voices de Terence Davies
  • 21 de xullo: Valhalla Rising de Nicolas Winding Refn
  • 22 de xullo: Al Azar, Balthazar de Robert Bresson
  • 28 de xullo: Banshun de Yasujiro Ozu
  • 29 de xullo: Mauvais sang de Leos Carax

Despois da proxección haberá unha pequena charla - coloquio con algunha persoa invitada do mundo da cultura.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión