Actividade enmarcada dentro do Ciclo Temático "Atemporal: a biblioteca está de moda"
Para nenos e nenas de 9 a 14 anos
Infantil
09/04/2025
Ya ha finalizado
Desde el 02/04/2025 hasta el 09/04/2025
Require inscrición
Das 18.30 ás 20.00 h
1,5 h
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Calle Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
O mércores 9 de abril ás 18.30 h na Biblioteca Fórum Metropolitano temos o obradoiro "Únete á revolución pacifista: customiza!" impartido por Raquel de Ana Rodríguez (Deriva Cultural), para nenos e nenas de 9 a 14 anos.
Obradoiro enfocado á rapazada cunha parte teórica na que se falará da contaminación e a non xestión dos residuos desta industria. Haberá unha segunda parte na que transformarán unha prenda de roupa para darlle unha segunda vida.
En Únete á revolución pacifista: customiza! no Fórum Metropolitano falaremos do impacto ambiental, social e económico que supón o fenómeno da moda fast fashion e o low cost. Poremos en valor a importancia de reutilizar e despregar a nosa creatividade customizando unha prenda de vestir que será proporcionada pola rapazada.
Deste xeito queremos concienciar a sociedade da importancia de coidar o ambiente e de aproveitar os recursos que temos á man. Collede unha prenda que teñades na casa e vide cambiarlle o estilo para que pareza nova!
*A rapazada proporcionará unha prenda de vestir para customizar (cazadora, pantalón, camiseta, gorra...)
Actividade con inscrición previa.
También te puede interesar
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible