Ben coñecer a Ganapán e Garabato cos seus creadores!
Público xeral e familiar.
Infantil, Para público en general, Familias
19/12/2025
Non precisa inscrición. Acceso libre ata completar aforo.
18.30-20.00 horas
Biblioteca Municipal Durán Loriga. Calle Durán Loriga 10, Baixo. 15003 A Coruña
981 184 388
Para este Nadal temos unha presentación moi especial na Biblioteca Durán Loriga que seguro que vos axudará a ter ideas do que regalar aos máis pequenos!
Chus Álvarez e El Primo Ramón virán á biblioteca a falarnos dos protagonistas tan especiais que crearon neste álbum ilustrado da editorial Pepa A Loba e que seguro farán sorrir a toda a familia.
Un conto cheo de tenrura dedicado aos 5-8 anos pero que enganchará tamén aos maiores. E senón, comprobádeo no contaconto que dará vida a este canciño e este gato na propia biblioteca e que poderedes disfrutar en familia!
Non vos preocupedes de conseguir un sitio, a entrada é libre ata completar aforo e teredes a oportunidade de que vos asinen os vosos exemplares despois da sesión. Que mellor detalle para un Nadal libresco?
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible