Únete ao club de lectura xuvenil #LaTribu!
Mocidade entre 14 e 16 anos, ambas idades incluídas.
Juvenil
Desde el 07/10/2021 hasta el 02/06/2022
Os xoves, con periodicidade quincenal.
Ya ha finalizado
Desde el 16/09/2021 hasta el 02/06/2022
Require inscrición.
De 18.15 a 19.45 horas.
Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña
10
981 189 886
O mundo está cheo de tribos. Persoas conectadas entre si por un interese común. Na Biblioteca Ágora interésannos os libros e por iso estamos a formar nosa propia tribo lectora. Poñemos en marcha un club de lectura xuvenil un tanto especial, no que o libro é só o punto de partida.
Podes pertencer a #LaTribu se tes entre 14 e 16 anos e ganas de ler, de facer novas amizades e formar parte dunha experiencia única. Desde a Biblioteca facilitarémosvos os libros e reunirémonos os xoves, cada quince días, para conversar sobre eles, reflexionar e divertirnos. Descubriremos xéneros literarios e autoras/es moi diferentes e non só nos limitaremos ao formato papel, senón que apostaremos por outras linguaxes dixitais e artísticas.
O mundo necesita tribos e #LaTribu necesítate a ti, agardámoste!
También te puede interesar
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible