Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Avisos importantes
Visita o álbum de fotos desta biblioteca
981 189 887
Horario
* As salas infantís abrirán de 16.00 h a 20.30 h de luns a venres (excepto os mércores), e os sábados de 10.00 h a 14.00 h e de 17.00 h a 20.00 h
Como chegar?
Localiza a biblioteca no mapa da cidade e visítanos! Se o vas facer en medios de transporte públicos ou en bicicleta esta información serache útil:
Liñas de bus urbano
Estacións de bicicletas
Que me ofrece esta biblioteca?
Nesta biblioteca, como nas outras sete, atoparás bibliotecarios e bibliotecarias dispostos a axudarche no que necesites.
Cada persoa ten o seu espazo na biblio: hai zonas especialmente pensadas e deseñadas para bebés, nenos e nenas, mocidade e persoas adultas.
Dispón de múltiples materiais para levares en préstamo, música e cinema, ordenadores de acceso público, conexión wifi, aulas para traballos en grupo ou para o autoaprendizaxe, consolas e videoxogos...
Busca e descubre todas as actividades e cursos que che ofrece esta biblioteca e as demais da rede
Máis información
A Biblioteca Municipal Ágora, inaugurada en 2012, é a de maior tamaño de todas as que forman a Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña xa que supera os 1700 metros cadrados.
Situada xeograficamente á beira do histórico Barrio de Mariñeiros, dá servizo a unha ampla zona xeográfica, un importante volume de poboación que supera os 20.000 habitantes (San Pedro de Visma, parte de Labañou, Mariñeiros, Peruleiro, Agra do Orzán, Ventorrillo, A Silva e Cances).
A biblioteca está dentro do Centro Ágora, un equipamento municipal integrado e cunha variada programación dirixida a todo tipo de públicos.
A biblioteca actúa como un equipamento sociocultural de proximidade, dando servizo e atención ao conxunto da veciñanza da súa zona de influencia.
Dende o 15/01/2021 ata o 01/02/2021
Entrada libre ata completar a capacidade.
28/01/2021
Require inscrición (só os nenos e nenas)
De 18:00 a 19:00 horas
29/01/2021
Require inscrición (só os nenos e nenas)
De 18:00 a 19:00 horas
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible