Porque non é demasiado cedo para descubrir as palabras, o ritmo e as historias
Familias con bebés de 0 a 24 meses
Bebés, Familias
20/06/2020
Ya ha finalizado
Desde el 13/06/2020 hasta el 19/06/2020
Require inscrición
de 12.00 a 13.00 horas
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Calle Río Monelos 1. 15006 A Coruña
25
Tel.: 981 184 298
Obradoiro en liña a través de Zoom: "Psicoloxía evolutiva, aprendizaxe e ritmo. Rimas con movemento".
A cargo de Raquel Penín Devesa coa participación de Tamara Chubarovsky.
Raquel Penín Devesa de AGLAIA PSICOLOXÍA é facilitadora do "Método Chubarovsky". Tras varios anos de formación con Tamara Chubarovsky, falaranos da relación entre psicoloxía evolutiva e o proceso de aprendizaxe en nenas/os de 0 a 2 anos e de como as rimas con movemento poden chegar a ser as nosas grandes aliadas na crianza.
Teremos a oportunidade neste obradoiro de contar coa participación de Tamara Chubarosky que nos explicará como unha rima de poucos segundos pode ter múltiples funcións: centrar, activar a memoria, a atención, a coordinación, a linguaxe, os vínculos e o contacto co medio, ademais de achegar alegría, benestar e autoestima.
***
Lembra que para participar neste obradoiro terás que ter descargada no teu pc, tableta ou móbil a aplicación gratuíta de videoconferencias Zoom.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible