
Dende o 16/09/2026 ata o 19/09/2026
19.00 h
Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Entrada libre ata completar a capacidade da sala
VIII Ciclo de Cinema OS OLLOS ABERTOS

Dende o 12/09/2026 ata o 26/09/2026
19.00 h
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Prezo: 6,00 €
Abono 3 (3 localidades para a mesma función): 15,00 €
Menores de 3 anos: 2,00 €
Persoas con certificado de discapacidade e 1 acompañante: 2,00 €
* A aplicación de descontos debe ser acreditada no momento de mercar a entrada e no momento de acceder ao auditorio no que terá lugar o espectáculo.
Ciclo de espectáculos de maxia para público familiar que combina ilusión, humor e fantasía

Dende o 02/09/2026 ata o 26/09/2026
Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Prezo: 3,00 €
Descontos
Carné Xove, + 65 anos ou persoas desempregadas 2,00 €
Sesión do espectador: sábados ás 17.30 h prezo único 1,50 €
** Para a aplicación dos descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de comprar a entrada e no acceso ao lugar de proxección.
Programación de cinema SETEMBRO 2026

Dende o 18/09/2026 ata o 28/11/2026
20.30 h
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Prezo: 9,00 €
Carné Xove, maiores de 65 anos, persoas desempregadas, familia numerosa, persoas con certificado de discapacidade e 1 acompañante: 7,00 €
* A aplicación de descontos debe acreditarse no momento de comprar a entrada e no momento de acceder ao auditorio no que terá lugar o espectáculo.
Ciclo de espectáculos dirixidos a público adulto que reúne propostas escénicas contemporáneas.

Dende o 10/09/2026 ata o 03/12/2026
Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Prezo: 3,00 €
Descontos
Carné Xove, + 65 anos ou persoas desempregadas 2,00 €
** Para a aplicación dos descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de comprar a entrada e no acceso ao lugar de proxección.
Programación Docs do mes setembro a decembro 2026

Dende o 11/04/2026 ata o 04/12/2026
Todas as funcións son ás 20.30 h
*Puntualidade: unha vez que comece o espectáculo, non se permitirá acceder á sala.
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
Descontos: Carné Xove, + 65 anos, persoas desempregadas, -20%; familias numerosas: -25%
* Todas as persoas que accedan ao recinto deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan.
Xa temos o ciclo do TRC Danza 2026, conta con dúas partes o Festival de Primavera e a Temporada de Outono Pezas de danza contemporánea, moderna e danza teatro

Dende o 17/10/2026 ata o 05/12/2026
18.00 h
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Prezo: 6,00 €
Abono 3 (3 localidades para a mesma función): 15,00 €
Menores de 3 anos: 2,00 €
Persoas con certificado de discapacidade e 1 acompañante: 2,00 €
* A aplicación de descontos debe ser acreditada no momento de mercar a entrada e no momento de acceder ao auditorio no que terá lugar o espectáculo.
Teatro, música e imaxinación para público familiar nun ciclo pensado para compartir e emocionarse.

Dende o 11/09/2026 ata o 05/12/2026
Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Prezo: 3,00 €
Descontos : Carné Xove, + 65 anos ou persoas desempregadas 2,00 €
Proxección dos sábados ás 17.30 h: prezo único 1,50 €
** Para a aplicación dos descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de comprar a entrada e no acceso ao lugar de proxección.
Programación de cinema clásico de setembro a decembro 2026

Dende o 27/09/2026 ata o 13/12/2026
11.30 h e 13.00 h
Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
As circunstancias que permiten acceder ao prezo reducido deben acreditarse ao mercar as entradas ou ao acceder ao espectáculo.
O ciclo Bebescena outono 2026 ofrece unha programación de espectáculos especialmente pensada para bebés e nenos e nenas de primeira infancia. A través da danza, o teatro, a música, os monicreques e os xogos visuais e sonoros, as familias poderán gozar de cinco propostas que estimulan a imaxinación e achegan os/as máis pequenos/as ás artes escénicas.

Dende o 28/09/2026 ata o 18/12/2026
Dende o 14/09/2026 ata o 16/09/2026
Preinscrición: do 14 de setembro ás 09.00 h ata o 16 de setembro ás 20.00 h
Prezo por taller
O Programa de Lecer – outono 2026 do Concello da Coruña ofrece talleres e actividades para persoas adultas no Centro Ágora e no Fórum Metropolitano.

Dende o 24/09/2026 ata o 20/12/2026
Prezo único s/n: 6,00 €.
Carné novo, maiores 65 anos e desempregados -20%
Familia numerosa -25%
Os descontos non son acumulables entre si.
Festival de cinema que se desenvolverá entre os meses de setembro e decembro, con grandes clásicos do cinema proxectados en versión orixinal subtitulada. Ao final de cada proxección desenvolverase un debate con distintas personalidades do ámbito cultural.

Dende o 11/09/2026 ata o 27/12/2026
Todas as funcións se representarán ás 20.30 h, agás as funcións en domingo que comezarán ás 19.00 h; (Black box e El rey de la Farándula)
*Puntualidade: unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
Descontos: Carné Xove, + 65 anos, persoas desempregadas, -20%; familias numerosas: -25%
* Todas as persoas que accedan ao recinto deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan.
Este outono o ciclo ven cargado con 12 pezas de teatro *Programación para persoas adultas, idade recomendada a partir de 14 anos

Dende o 01/01/2026 ata o 31/12/2026
O prazo para presentación de solicitudes finaliza o 9 de marzo 2026
Bases reguladoras da convocatoria do plan de apoio ás entidades musicais locais. Anualidade 2026

Dende o 01/02/2026 ata o 31/12/2026
PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE
As solicitudes presentaranse, preferentemente, por medios electrónicos, a través de sede electrónica do Concello da Coruña, e deberanse dirixir ao IMCE.
Excepcionalmente, poderase permitir a presentación das solicitudes de forma presencial no Rexistro do IMCE, situado na avda. da Mariña, 18, 15003 A Coruña.
PRAZO
As solicitudes de subvención presentaranse no prazo de 15 días naturais, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
ÚLTIMO DÍA PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES: 3 de marzo de 2026
As solicitudes presentadas fóra de prazo non se terán en conta para resolver a convocatoria.
O Instituto Municipal Coruña Espectáculos, con competencias para a promoción dos valores socioculturais da cidade, realiza esta convocatoria de subvencións públicas co obxectivo de promover durante o ano 2026 a organización e celebración de festas populares, exclusivamente de carácter veciñal, chamadas comunmente “festas de barrios”.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible