Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

17 de setembro de 2020

Preto de 300 padexeiros/as participarán este domingo na III Ocean Race Cidade da Coruña

A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, presentou esta mañá en María Pita a regata, que contará “cun percorrido que de seguro nos deixará imaxes ben fermosas” da cidade e que gozará da presenza de dous olímpicos como son Carlos Pérez Rial e Óscar Carrera

A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, xunto co presidente da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea, e a presidenta da Sociedade Deportiva As Xubias, Adelaida López Fuentes, presentaron esta mañá no Pazo de María Pita a "III Ocean Race Cidade da Coruña", que terá lugar este domingo en augas coruñesas con preto de 300 participantes.

A competición contará "cun percorrido que de seguro nos deixará imaxes ben fermosas" xa que A Coruña, dixo a edila, "é unha cidade perfecta para realizar deportes náuticos". Martínez asegurou que "é un orgullo para este concello organizar un evento de tanta relevancia tendo en conta a importancia do piragüismo en Galicia, o deporte con máis medallas olímpicas de todas as disciplinas", e sinalou que este domingo "poderemos gozar coa presenza de dous olímpicos como son Carlos Pérez Rial, campión en Pequín, e Óscar Carrera, olímpico en Río de Janeiro, así como varios padexeiros/as con importantes palmarés deportivos como é o caso de Elena Torreiro e Carlos Arévalo.

A concelleira tamén quixo salientar, na busca de lle dar máis visibilidade ao deporte feminino, a importancia das mulleres "neste evento no que participan no órgano directivo Araceli Menduiña, vicepresidenta da federación, e a propia Adelaida López, quen tamén é a delegada provincial da federación na Coruña.

Pola súa banda, Adelaida López agradeceulle ao concello "a ilusión coa que o proxecto foi recibido na Concellería de Deportes e todo o apoio dado" xa que, sinalou, "na situación pola que estamos pasando é moi importante que se apoien este tipo de iniciativas".  A presidenta da Sociedade Deportiva As Xubias animou a toda a cidadanía "a desfrutar deste día porque é un espectáculo que se pode ver desde moitísimos puntos da cornixa cornixa coruñesa e poderase manter a distancia social en todo momento".

O presidente da Federación Galega de Piragüismo asegurou que "o Concello da Coruña está facendo unha aposta importante pola mellora non só das actividades náuticas na cidade, senón tamén das instalacións", e agradeceu o apoio da Administración local.

Subscrición Boletín Deportes

Os campos marcados cun asterisco son obrigatorios

A subscrición a este boletín realizarase no idioma de navegación actual da páxina web: Galego

Política de privacidade

De acordo coa lexislación en materia de protección de datos e, en concreto, co Regulamento UE 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, os datos persoais que vostede nos facilite voluntariamente no formulario de "Subscrición ao Boletín de actividades", serán tratados baixo a responsabilidade do CONCELLO DA CORUÑA, praza de María Pita, 1 (15001 A Coruña). Estes datos teñen a finalidade de lle ofrecer á cidadanía información a través do portal web do concello. O propio concello está lexitimado polo consentimento que vostede expresamente outorga mediante a aceptación da cláusula de protección de datos. Vostede pode retirar o devandito consentimento en calquera momento, sen efectos retroactivos.

Os seus datos de contacto trataranse durante o tempo que manteña a subscrición ou exerza o seu dereito de cancelación ou oposición.

Igualmente informámolo/a de que ten dereito a solicitarlle á persoa responsable do tratamento, en calquera momento, o acceso, rectificación ou supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento. p>< p>Tamén terá dereito a opoñerse ao devandito tratamento, así como a solicitar, salvo casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidade dos seus datos. Os ditos dereitos poderá exercelos mediante unha solicitude remitida ao seguinte enderezo: Rexistro de entrada municipal, praza de Mª Pita, 1, coa referencia "protección de datos", a través dun escrito asinado para o efecto, achegando unha fotocopia do seu Documento Nacional de Identidade.

Igualmente poderá dirixir a dita solicitude directamente á persoa delegada de Protección de Datos.

Así mesmo, vostede ten dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos ( AEPD).

Marca o seguinte cadro para aceptar a política de privacidade *

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión