Concello da Coruña

Concello da Coruña

Deportes

Área de Fomento e Promoción da cidade

Coruña no Mar

Programa deportivo Coruña no Mar 2025

O Concello da Coruña ofrece cada verán, desde o 2021, este programa de actividades náuticas aberto a toda a cidadanía. Coruña no Mar ofrece máis de 500 prazas para participar en diferentes actividades durante os meses de xullo e agosto, desenvolvidas en colaboración con diferentes entidades colaboradoras.

O obxectivo desta iniciativa e brindar oportunidades de aprendizaxe á cidadanía en diversas disciplinas deportivas náuticas e acuáticas, como paddle-surf; piragüismo; esnórquel e fotografía subacuática; vela lixeira; windsurf e natación en augas abertas.

Requisitos para participar

Os cursos previstos están dirixidos ao conxunto da cidadanía, abarcando nenas e nenos (as idades varían en función das modalidades deportivas), mocidade e poboación adulta, sempre que cumpran dous requisitos: o primeiro, saber nadar; e, por outra banda, que as persoas participantes cumpran coa idade mínima requirida para cada un dos cursos e actividades que figuran na convocatoria, referida a que terán a 31 de decembro deste ano.

Ademais, as actividades previstas axudarán a poñer en valor o gran potencial de infraestruturas náuticas coas que conta A Coruña, facilitando oportunidades de aprendizaxe á cidadanía coa colaboración das entidades deportivas coruñesas.

Programación do 2025

Neste 2025 haberá un total de 517 prazas dispoñibles para realizar actividades náuticas durante os meses de xullo e agosto na cidade. Do total, 435 serán en cursos semanas de luns a venres e 82 serán para xornadas de fin de semana.

Facendo clic na seguinte banner podes ver toda a programación de Coruña no Mar para este 2025.

Inscricións

Publicada listaxe definitiva de solicitantes.

O 17 de xuño ás 12:30 celebrouse o sorteo para establecer a orde de adxudicación de prazas.

Unha vez realizado o sorteo, o número agraciado é o: 988

Pode consultarse o resultado na seguinte ligazón: https://echaloasuerte.com/number/a2a5ad46-f393-4997-b1f7-c920898e4623

Fases do proceso de inscrición

A continuación, enuméranse as distintas fases do proceso de inscrición:

  • Solicitudes: 10 a 12 de xuño ás 23:59 h
  • Listaxe provisional de solicitantes: 13 de xuño a partir das 15:00h
  • Prazo de corrección: 13, 14 e 15 de xuño
  • Listaxe definitiva de solicitantes: 16 de xuño ás 13:30 h
  • Sorteo: 17 de xuño ás 12:30h
  • Listaxe de persoas admitidas/en agarda: 18 de xuño a partir das 15:00h
  • Formalizacion da matrícula:
    • Para as actividades da quenda da 1ª semana de xullo: do 19 ao 23 de xuño
    • Para o resto das quendas: do 30 de xuño ata o 4 de xullo
  • Movemento da listaxe de agarda: 23 ao 26 de xuño

Noticias relacionadas

1 resultados

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión