Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cursos Trimestrais de Golf 2º Trimestre 2024

Cursos de Iniciación ao Golf 2º Trimestre (Abril-Maio-Xuño) de 2024

Listaxe de adxudicación e lista de espera

Publícase a listaxe de adxudicación de prazas e lista de espera dos cursos municipais de golf do segundo trimestre de 2024 (abril, maio e xuño).

As persoas que obtivesen praza, poderán formalizar a matrícula, do 20 ao 27 de marzo, no Campo Municipal de Golf Torre de Hércules, mediante o pago das taxas correspondentes segundo a ordenanza fiscal do ano 2024 e achegando a documentación correspondente:

  • a) Fotocopia do DNI (dende os 14 anos)
  • b) Para menores de idade ou persoas suxeitas a tutela, aínda que dispoñan de DNI propio, tamén deberá presentarse Libro de Familia e DNI de pai/nai ou titor/a legal. No caso de persoas suxeitas a tutela deberá achegarse tamén o documento legal que o acredite.

Cada persoa só se poderá matricular nun único curso.

No caso de non formalizar a inscrición, entenderase que se renuncia á praza e adxudicaranse as prazas vacantes seguindo a orde da lista de espera.

Nota: para constituírse un grupo será necesario un mínimo de 6 persoas inscritas, en caso contrario, facilitaránselles outros horarios ás persoas afectadas.

Número obtido no sorteo

Realizouse o sorteo e obtívose o número 28, que establecerá o corte para a asignación das prazas.

Pódese comprobar o resultado do sorteo na seguinte ligazón: SORTEO

Sorteo público

Para establecer a orde de adxudicación de prazas, o luns 18 de marzo de 2024, ás 09.00 h, realizarase un sorteo público para obter o número que servirá de corte.

O sorteo poderase seguir en directo a través da seguinte ligazón: SORTEO

15 de marzo lista definitiva de solicitantes

Como non se recibiu ningunha corrección de erros, non será publicada unha nova listaxe de solicitantes, será válida a publicada o 12 de marzo.

12 de marzo listas provisionais solicitantes

Publícase a listaxe provisional de solicitantes (tanto por orde alfabética como por orde cronolóxica) para os cursos municipais de Golf do segundo trimestre do ano 2024:

1 de marzo presentación de solicitudes

  • Presentación de solicitudes: as solicitudes poderanse presentar do 1 de marzo a partir das 08.00 h ata o 10 de marzo de 2024 ás 23.59 h, ambos inclusive. 

             FORMULARIO DE SOLICITUDES Cursos Municipais de Golf 2º T 2024

  • Listaxe provisional de solicitantes: publicarase o día 12 de marzo de 2024 na páxina web municipal www.coruna.gal/deportes e nos taboleiros de anuncios do propio campo municipal de golf e das instalacións municipais da Cidade Deportiva da Torre, Polideportivo do Barrio das Flores e Palacio dos Deportes de Riazor, e no teléfono de información cidadá 010.
  • Emenda de erros: abrirase un prazo de corrección a partir da data de publicación das listaxes provisionais para que se poidan formular alegacións ata o 14 de marzo de 2024. Estas presentaranse por correo electrónico no enderezo programasdeportivos@coruna.gal.
  • Listaxe definitiva de solicitantes: publicarase o 15 de marzo de 2024 a partir das 14.00 h.
  • Sorteo público: terá lugar o 18 de marzo de 2024, ás 09.00 h.
  • Listaxes de adxudicación de prazas e lista de espera: publicarase o 19 de marzo de 2024 a partir das 14.00 h.
  • Matrícula: no Campo Municipal de Golf Torre de Hércules do 20 ao 27 de marzo de 2024 as persoas ás que lles corresponda praza. A xestión da listaxe de espera, os días 28 ao 30 de marzo.

CURSOS OFERTADOS

FRANXA DE IDADE

CÓDIGO DO  CURSO

DÍAS

HORARIO

PRAZAS

PERSOAS ADULTAS +17 INICIACIÓN

13.2.24.02.06.0.01

LUNS E XOVES

09:30 a 10:30

8

13.2.24.02.06.0.02

LUNS E XOVES

10:30 a 11:30

8

13.2.24.02.06.0.03

LUNS E XOVES

11:30 a 12:30

8

13.2.24.02.06.0.04

LUNS E XOVES

19:30 a 20:30

8

13.2.24.02.06.0.05

LUNS E XOVES

20:30 a 21:30

8

13.2.24.02.06.0.06

MARTES E VENRES

09:30 a 10:30

8

13.2.24.02.06.0.07

MARTES E VENRES

10:30 a 11:30

8

13.2.24.02.06.0.08

MARTES E VENRES

11:30 a 12:30

8

13.2.24.02.06.0.09

MARTES E VENRES

19:30 a 20:30

8

13.2.24.02.06.0.10

MARTES E VENRES

20:30 a 21:30

8

13.2.24.02.06.0.11

SÁBADO E DOMINGO

09:30 a 10:30

8

13.2.24.02.06.0.12

SÁBADO E DOMINGO

10:30 a 11:30

8

XUVENIL INICIACIÓN 12-17

13.2.24.02.09.0.15

LUNS E XOVES

18:00 a 19:00

8

13.2.24.02.09.0.16

SÁBADO E DOMINGO

11:30 a 12:30

8

INFANTIL INICIACIÓN 6-11

13.2.24.02.08.0.13

LUNS E XOVES

17:00 a 18:00

8

13.2.24.02.08.0.14

MARTES E VENRES

16:00 a 17:00

8

13.2.24.02.08.0.17

SÁBADO E DOMINGO

12:30 a 13:30

8

DATAS DE INICIO E FIN DOS CURSOS

FRECUENCIA DÍAS

DATA DE INICIO

DATA DE FIN

Luns e xoves

1 de abril de 2024

10 de xuño de 2024

Martes e venres

2 de abril de 2024

14 de xuño de 2024

Sábados e domingos

6 de abril de 2024

15 de xuño de 2024

Documentos relacionados

  • Listaxe de adxudicación de prazas e lista de espera - Cursos de Golf 2.º trimestre do 2024 (661 KB)
  • Listaxe provisional dos Cursos de Iniciación ao Golf 2.º trimestre por orde cronolóxica (666 KB)
  • Listaxe provisional dos Cursos de Iniciación ao Golf 2.º trimestre por orde alfabética (667 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión