Concello da Coruña

Concello da Coruña

Deportes

Concellería de Deportes

Tarxeta Bus Millennium Xeral

En que consiste?:

Para realizar calquera trámite na súa tarxeta física Millennium, por exemplo solicitar cambio de perfil, renovación etc. ten que solicitar cita previa.

Tarxeta de bus xeral coa cal as súas persoas beneficiarias obterán descontos pola utilización do servizo público de transporte urbano.

A quen vai dirixido?:

  • Particulares
  • Empresas

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Documentación (particulares):

  • DNI (no suposto de menores de idade, ademais do DNI do pai, nai ou titor legal, deben achegar o do interesado, se dispón del).
  • Aboar a taxa establecida.
  • En caso de menores de idade, o contrato debe ir asinado polo pai, nai ou titor legal.

Documentación (empresas):

  • CIF.
  • O contrato debe estar asinado por unha persoa autorizada e acreditar dita autorización.
  • Aboar a taxa establecida.

Custo da tarxeta (taxa):

Empadroados e non empadroados no Concello da Coruña: 3 €.

O pagamento da taxa realizarase en calquera caixeiro de Abanca

Roubo, perda ou deterioración:

En caso de roubo, perda, deterioración ou mal funcionamento da tarxeta, pódese solicitar un duplicado ou a reparación da mesma (segundo proceda), en calquera caso, é necesario que o titular comunique o máis axiña posible (de forma presencial ou telefonicamente) a perda da tarxeta para que se poida bloquear.

Substitución da tarxeta por mal funcionamento

En caso de que a substitución da tarxeta teña a súa orixe por un mal funcionamento, sen responsabilidade do usuario/a (por tanto debe achegar a tarxeta ), non é necesario aboar ningunha taxa e a tarxeta expídese no momento.

Poderá recuperar o saldo que tiña na tarxeta acudindo a unha das oficinas de Abanca na opción de Aboamentos Pendentes.

Substitución da tarxeta por roubo, extravío ou rotura

É necesario aboar a taxa establecida, 7 €, (Ordenanza fiscal Nº1, epígrafe 1.11.4).

En caso de recuperación da tarxeta dada de baixa por extravío ou roubo, e tendo no seu poder unha nova, pode solicitar a través dun rexistro municipal a reasignación de saldo da tarxeta dada de baixa á activa. (obrigatoria a entrega da tarxeta recuperada)

Normas xerais:

  • O custo de cada viaxe é de 0,75 €.
  • Transbordo permitido entre liñas gratuíto (máximo 45 minutos).
  • Non é necesario renovar estar tarxeta.
  • A tarxeta recóllese presencialmente.

Internet

Teléfono

Máis información:

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión