Participa en Voluntariado Deportes Coruña en diversas actividades e espectáculos deportivos organizados directamente ou en colaboración co Servizo Municipal de Deportes.
Podes participar en voluntariado se tes máis de 18 anos, ganas de colaborar, divertirte, e integrarte nos proxectos deportivos da cidade.
Contacta con voluntariadodeportes@coruna.es
Participación en espectáculos deportivos
Desde este programa trátase de contribuír e apoiar a realización de grandes eventos deportivos, onde é necesaria a participación dun gran número de persoas que colaboren e se integren nun gran labor de cooperación deportiva.
Estade atentos ás súas respectivas convocatorias en Voluntariado Deportes en www.coruna.gal/deportes
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible