Concello da Coruña

Concello da Coruña

Andainas guiadas - Andainas Xaneiro

O prazo para as solicitudes nas andainas dos meses de xaneiro e febreiro abrirase de novo o luns 31 de xaneiro as 08:00 H.

Lembramos que o número de asistentes a cada andaina axustarase á normativa vixente no momento da andaina.

Ás andainas dos venres ou sábados poderán asistir 20 persoas e ás dos domingos, un total de 30.

Andainas guiadas | Programa mensual

OPCIÓN 1: Ruta polo Deporte coruñés e 50 anos do Palacio dos Deportes de Riazor

Horario: 12.00 a 13.00 horas

Duración estimada: 1 hora

Datas: Todos os venres de cada mes

Temática: Historia do Deporte coruñés

Nesta ruta repasarase a historia do deporte na cidade da Coruña e os seus protagonistas xunto aos escenarios en que destacaron. Lembraranse fitos como os que ocorreron no Corralón da Gaiteira e A Granxa ata os do campo de Riazor e o estadio que se constrúe a comezos dos 40, unha arquitectura que se revisará para acoller o Mundial de 1982 e que finalmente nos 90 recibirá o "fenómeno do Superdepor". Ademais do fútbol, abordaranse outros deportes como o hóckey sobre patíns, o fútbol sala, o baloncesto, o atletismo, o remo e a esgrima, así como as e os coruñeses/as que foron "olímpicas/os .."

Punto de saída: Busto de Arsenio Igrexas

Percorrido: A ruta comezará no busto de Arsenio Iglesias do paseo de Riazor e transitará polos exteriores e interiores do Estadio municipal Abanca Riazor e o Palacio Municipal de Deportes, onde está instalada a exposición "50 anos do Palacio Municipal".

Punto de finalización: Palacio dos Deportes de Riazor.

OPCIÓN 2: Ruta polas Murallas da Coruña.

Horario: 12.00 a 13.30 horas

Duración estimada: 1,5 horas

Distancia aproximada: 4 quilómetros

Datas: Todos os domingos de cada mes.

Punto de saída: Aos pés da estatua de María Pita (Praza Pita María )

Percorrido: Camiñaremos pola Darsena da Mariña ata chegar ao Castelo de San Antón, o cal poderemos visitar e coñecer o seu interior e as reliquias que garda. Visitaremos o forte amurallado da Cabeza do Reino: baluarte de Santa Bárbara, Porta de San Miguel, Baluarte do Mar, o polvorin e as portas do Parrote ata regresar ao momento de partida, logo de repasar historias e arquitecturas dun período crucial que transformará a cidade.

Punto de finalización: Praza Pita María

INSCRICIÓN E NORMAS DE PARTICIPACIÓN

A quen vai dirixido? Este programa está dirixido inicialmente ao alumnado das Escolas Deportivas Municipais e, no caso de que queden prazas libres, abrirase a toda a cidadanía. Permítese a participación de menores de idade, sempre que vaian acompañados dunha persoa adulta que tamén esté inscrita na andaina. 

Canto custa a actividade? A actividade é gratuíta.

Como me apunto? Enchendo o formulario ou chamando ao teléfono 981189800.

Pica aquí para acceder ao formulario

Que datos necesito? Nome e apelidos, número de DNI, número de teléfono, unha dirección de correo electrónico e a EDM á que asistes no curso 2021-2022.

Cando podo apuntarme? Ábrese un prazo para as rutas de cada mes.

Como se que podo participar na andaina? As listaxes de persoas admitidas e en lista de agarda publícanse nesta mesma páxina. Ademais, o guía ponse en contacto coas persoas admitidas uns días antes de cada ruta.

Como se organizan os grupos? O número de asistentes a cada andaina axustarase á normativa vixente no momento da andaina

Normas de participación: Será obrigatorio o uso de máscara durante toda a actividade, así como respectar as distancias de seguridade co resto de persoas participante. Atenderase en todo momento as indicacións do guía.

Ao finalizar cada andaina, as e os participantes poderán repoñer forzas coa degustación que ofrecerá Sanbrandán.

Documentos relacionados

  • Listaxe Andainas guiadas Xaneiro Febreiro 2022 (186 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión