Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concurso de creatividade O deporte e o Nadal 2022

A Concellaría de Deportes convoca o tradicional concurso de debuxo e manualidades “NADAL DEPORTIVO E CREATIVO” dirixido ao alumnado das Escolas Deportivas Municipais que só terá que poñer en marcha as súas habilidades creativas e imaxinar un Nadal o máis deportivo posible.

Cando:

Dende o 16/12/2022 ata o 08/01/2023

Xa rematou

Inscricións:

O prazo de presentación dos debuxos e adornos de Nadal remata o luns 12 de decembro ás 15:00 horas.

Requisitos:

O debuxo ou adorno non deben levar o nome da persoa/s participante/s e deberán acompañarse do formulario para participar no concurso, publicado nesta páxina (Tamén estará a disposición en papel nos lugares de presentación).

Poderá presentarse nas seguintes instalacións deportivas municipais: Cidade Deportiva A Torre, Polideportivo Municipal do Barrio das Flores ou na Cidade Deportiva de Riazor.

Organiza:

Servizo Municipal de Deportes do Concello da Coruña.

Documentos:

Bases do concurso de creatividade O Deporte e o Nadal 2022 (417 KB)

Formulario de participación (102 KB)

1. Concurso de debuxo "O DEPORTE E O NADAL" Participantes: alumnado das Escolas Deportivas Municipais nado entre 2011 e 2016.

2. Concurso de creatividade "ADORNO DE NADAL". 

Participantes: unidades familiares, co único requisito de que un dos membros quea compoña sexa alumno ou alumna das Escolas Deportivas Municipais.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión