As concelleiras Yoya Neira e Mónica Martínez eloxiaron o labor das asociacións da cidade, moitas delas presentes nesta xornada lúdica
2 de decembro de 2022
Máis de 200 persoas participaron esta mañá nos actos organizados polo Concello da Coruña con motivo do Día Mundial da Discapacidade, que se celebra mañá. A concelleira de Igualdade, Benestar Social e Participación, Yoya Neira, e a concelleira de Deportes, Mónica Martínez destacaron na explanada de Riazor o papel do tecido asociativo da cidade e a implicación do Concello a través da oferta de servizos para persoas con diversidade funcional nas diversas áreas.
Asistiron 15 asociacións, ás que se lles sumaron os usuarios e usuarias das Escolas Deportivas Municipais. As entidades que participaron foron: ACLAD, ADCOR, Anpanxoga, APEM, Aspanaes, Asperga, Buen Pastor, Casco Mesoiro, Casco Rosales, Aspronaga, San José, Sor Eusebia, Adaceco, Asociación Española contra el Cáncer e ONCE.
As persoas que participaron puideron levar a cabo actividades dirixidas, como bailes latinos ou pilates, e deportes como fútbol, baloncesto, bádminton, tenis de mesa, ximnasia rítmica e artística, esgrima, escalada, hóckey ou petanca.
04/05/2024
05/05/2024
05/05/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible