A xornada tivo como fin promover o deporte e os hábitos de vida saudables, e nela os participantes puideron practicar distintas modalidades deportivas
26 de xuño de 2022
Milleiros de cidadáns participaron hoxe no Día do Deporte na Cidade, unha cita que volveu ás rúas da cidade para promocionar a prática do deporte entre persoas de todas as idades e os hábitos de vida saudables.
Os participantes puideron practicar ducias de modalidades deportivas diferentes, desde deportes náuticos como a vela, o kayak e o windsurf ata o fútbol, pasando por outros moitos como béiscol, hockey, tenis, petanca, esgrima, taichí, patinaxe en liña, xadrez, golf, tiro con arco, baloncesto, balonmán, ximnasia, boxeo, halterofilia e moitos máis. Houbo tamén espazos especialmente deseñados para o deporte adaptado, co fin de facilitar a práctica deportiva a todas as persoas.
A diferenza de edicións pasadas e dando continuidade ao formato posto en marcha no 2021 polas restriccións, o Día do Deporte na Cidade extendeuse a distintos barrios para facilitar o achegamento dos cidadáns. Así, houbo espazos para as distintas especialidades na praia de Oza, na praza Brancar Quiroga, na Cidade Deportiva de Riazor, en Méndez Núñez e en Tabacos, todos eles cunha grande afluencia de público.
As probas, sen carácter competitivo, desenvolvéronse ao longo de toda a xornada, tanto en horario de mañá como en horario de tarde. A alcaldesa, Inés Rey, visitou distintos espazos nos que puido comprobar a alta participación. "Promover a práctica do deporte é unha das prioridades do meu Goberno, porque o deporte supón unha mellora da calidade de vida para quen o practica e aporta uns valores moi necesarios na sociedade na que viviemos", indicou a rexedora, que estivo acompañada pola concelleira de Deportes, Mónica Martínez.
Cursos de natación de verán
Ademais a Piscina Municipal de Riazor acollerá este verán, cursos de natación nos meses de xullo e setembro. O período de matrícula para o curso do mes de xullo será do 27 de xuño ao 8 de xullo.
Esta actividade promovida polo Concello está destinada a persoas de 6 a máis de 65 anos. Tamén haberá un curso de natación prenatal e de recuperación funcional. Toda a información pode consultarse en Cursos de Natación de Riazor - Verán 2022 .
27/04/2024
27/04/2024
27/04/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible