Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Educación

  • Compartir
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

A Escola Oficial de Idiomas da Coruña acolleu a Gala de entrega dos premios do IX Festival de CinEOI Coruña Curtas 2019

Cuándo:

9 de mayo de 2019

Contou coa presenza da concelleira de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán, que entregou os premios promovidos polo Concello da Coruña e a actriz Isabel Risco, que actuou coma “madriña” da gala, e coa actuación de música tradicional de Xurxo Fernades (gaita e saxo) e Pedro Lamas (voz e padeireta)

Presentáronse 27 curtas: 12 curtas á categoría absoluta, 7 á categoría xuvenil e 8 á infantil que foron proxectadas o 7 de maio, xunto ca curta "Un segundo despois" gravada polos 9 alumnos/as do "Obradoiro achegamento práctico ao proceso de realización dunha curtametraxe", organizado polo Concello da Coruña e impartido por Omar Rabuñal.

Resultando premiadas cos premios outorgados polo Concello da Coruña as seguintes curtas:

  • A "Mellor curta" da categoría xeral a curtametraxe titulada "Encontro no camiño" de Sergio Pérez e Andrés García  do CIFP Imaxe e Son.
  • Premio "Ben falado" da categoría xuvenil  a curtametraxe titulada "Desta non te libras" do IES Manuel Murguía de Arteixo.
  • Premio "Ben falado" da categoría infantil  a curtametraxe titulada "Buscadores de misterios" do CEIP Manuel Murguía.

E o "Premio do público" na categoría infantil para a curtametraxe titulada "MIMI" do CEIP Manuel Murguia da Coruña.

Organizado polo Equipo dinamización lingüística da Escola Oficial de Idiomas (EOI) e o Concello da Coruña co obxectivo de promover a creatividade audiovisual en galego, entre os estudantes das EOI da provincia da Coruña (da Coruña, a de Santiago de Compostela e a de Ferrol) e as súas seccións, o CIFP Escola de Imaxe e Son e a Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso na categoría absoluta; e estudantes de 3º ciclo de E. primaria, ESO, bacharelato e FP dos centros públicos e concertados do concello da Coruña nas categorías infantil e xuvenil.

O Concello da Coruña colabora en dúas fases do concurso:

  • Organización e finanzamento do "Obradoiro achegamento práctico ao proceso de realización dunha curtametraxe".
  • E outorga os seguintes premios:
  • "Mellor curta" na categoría xeral, consistente en un Curso de Interpretación ou de Cámara e Realización ou de Guión para dúas persoas impartido por Voz Audiovisual e valorados en 750€, cofinanciado polo Concello da Coruña (abono das mensualidades 450€) e Voz Difusión Noticias SLU (matrícula 300€).
  • Os premios "Ben falado" das categorías xuvenil e infantil, consistentes en un lote de libros en galego valorados en 250€, cada un.

A aportación municipal ten un custe total de 2.575,00 €

Mais información da EOI da Coruña:

Facebook

Instagram

Últimas actividades

Canle Youtube

Programa al que pertenece

  • Concurso IX Festival CinEOI Coruña Curtas 2019

    Acción de dinamización lingüística consistente en impulsar y organizar la participación del alumnado de EP y ESO en el festival anual de cortos en gallego organizado por el Equipo dinamización lingüística de la Escuela Oficial de Idiomas de A Coruña y el Ayuntamiento de A Coruña, con la finalidad de promover la creatividad audiovisual en gallego.

    Más información
  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?