As presentes instrucións, ditadas polo Servizo Municipal de Educación (SME en adiante), teñen por obxecto regular o proceso de admisión nas escolas infantís integradas na rede de escolas infantís municipais (REIM en adiante) do Concello da Coruña para o curso 2022-2023.
O Concello da Coruña é titular da rede de escolas infantís municipais composta por 9 centros.
A adxudicación de prazas está sometida aos criterios de baremación sinalados nas Bases reguladoras do proceso de admisión nas escolas infantís integradas na REIM para o curso 2022-2023 publicadas no BOP núm. 57 do 24 de marzo de 2022.
PRAZAS VACANTES PARA O CURSO 2022-2023
Ábrese unha nova convocatoria de prazas con 58 vacantes. O prazo de solicitude remata o 16 de xaneiro ou ata esgotarse a existencia de prazas vacantes.
Esta é a súa distribución: Xaneiro-convocatoria para cubrir prazas vacantes
NOVOS INGRESOS
PROCESO DE ADMISIÓN PARA OS NOVOS INGRESOS
Establécense dúas modalidades:
Terán carácter preferente, sen que sexan obxecto da baremación sinalada no apartado IV das bases, as solicitudes de prazas correspondentes a nenos/as empadroados/as no Concello da Coruña cuxas circunstancias sexan as seguintes:
DOCUMENTACIÓN:
Todas estas situacións enumeradas deberán acreditarse documentalmente para xustificar o carácter preferente:
No caso de alumnado con necesidades educativas especiais, deberá acreditarse a concorrencia desta circunstancia.
As solicitudes de novo ingreso que non teñan carácter preferente serán obxecto de baremación de cara á asignación de prazas.
REQUISITOS DE ACCESO PARA O PROCESO DE ADMISIÓN DE NOVO INGRESO
Serán requisitos para solicitar praza na REIM:
CRITERIOS DE BAREMACIÓN PARA AS SOLICITUDES DE NOVO INGRESO DE CARÁCTER ORDINARIO
A baremación para acceder ás escolas realizarase seguindo criterios económicos, sociofamiliares e sociolaborais.
Tramos IPREM |
Puntuación |
Rendas inferiores a 12.000 € |
7 puntos |
Rendas comprendidas entre 12.001 e 17.500 € |
6 puntos |
Rendas comprendidas entre 17.501 e 23.000 € |
5 puntos |
Rendas comprendidas entre 23.001 e 28.500 € |
4 puntos |
Rendas comprendidas entre 28.501 e 34.000 € |
3 puntos |
Rendas comprendidas entre 34.001 e 39.500 € |
2 puntos |
Rendas comprendidas entre 39.501 e 45.000 € |
1 punto |
Rendas superiores a 45.000 € |
0 puntos |
Situación sociofamiliar |
Puntuación |
Menor solicitante cunha discapacidade igual ou superior ao 33% |
3 |
Condición de familia monoparental |
2 |
Condición de familia numerosa |
2 |
Por cada proxenitor/a que forme parte da unidade familiar cunha discapacidade igual ou superior ao 33% |
1 (máximo 2) |
Irmáns/ás solicitando praza simultaneamente |
2 |
Enténdese por familia monoparental, a unidade familiar formada por unha única persoa proxenitora que non conviva con outra persoa coa que manteña unha relación análoga á conxugal, e os fillos ou fillas menores ao seu cargo nos supostos recollidos no artigo 13 da Lei 3/2011, de apoio á familia e á convivencia de Galicia.
Enténdese por familia numerosa a integrada polos membros sinalados de conformidade cos artigos 2 e 4 da Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección ás familias numerosas.
Situación sociolaboral |
Puntuación |
Ocupación laboral das persoas proxenitoras ou con impedimento acreditado para atender a/o nena/o |
6 |
Ocupación laboral dunha das persoas proxenitoras ou con impedimento acreditado para atender o/a neno/a |
3 |
Condición de familia monoparental traballando ou con impedimento acreditado para atender a/o nena/o |
6 |
En caso de empate entre varias solicitudes resolverase o desempate priorizando aquelas persoas solicitantes que conten con menores ingresos de renda. En caso de continuar o empate utilizarase o desempate por letra: primeiro apelido "V" e "U", segundo apelido "A" e "Z" (Resolución do 23 de febreiro de 2022 da Consellería de Cultura, Educación e Universidade: sorteo de letras para o desempate na admisión de alumnado curso 2022-2023).
LUGAR DE PRESENTACIÓN E DOCUMENTACIÓN:
As persoas interesadas deben facer unha inscrición en liña na web municipal www.coruna.gal/educacion a través da ficha específica "Solicitude de praza na escola infantil 2022-2023". Unha vez feita e cuberta a ficha, o sistema elabora un xustificante (documento PDF) que achegará ao correo electrónico facilitado no momento de ter feito a solicitude. Este documento deberase imprimir, asinar e presentar no rexistro xeral xunto co resto da documentación no prazo de presentación das solicitudes. Non se considerará efectuada a solicitude mentres non se presente no rexistro municipal (de forma presencial ou telemática).
O xustificante ten un número de identificación (ID) que será o de referencia de cada expediente no proceso e para localizar as persoas solicitantes nas listaxes publicadas.
A documentación que cómpre presentar no rexistro municipal será a seguinte:
Documentación obrigatoria:
A documentación obrigatoria debe presentarse en prazo, de non facelo suporá a exclusión do proceso.
Documentación obrigatoria:
A documentación obrigatoria debe presentarse en prazo, de non facelo suporá a exclusión do proceso.
Outra documentación:
A non presentación desta documentación en prazo, suporá a renuncia implícita á valoración no apartado correspondente.
LUGAR DE PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN
A documentación e a ficha de solicitude asinada polos dous proxenitores deberá presentarse, preferiblemente, no rexistro electrónico do Concello (https://sede.coruna.gob.es), nos rexistros municipais ou por calquera outro medio permitido pola Lei de procedemento administrativo.
Debido ás indicacións sanitarias a causa da pandemia do coronavirus, para acudir a calquera dos puntos de Rexistro e atención cidadá do Concello da Coruña é necesario solicitar cita previa (Cita Previa (coruna.gal)
Enderezos:
* Concello da Coruña. Praza de María Pita, núm. 1. C.P. 15001, A Coruña. (Cita Previa (coruna.gal)
* Rexistro Auxiliar A Franxa. Rúa da Franxa, núm. 20. C.P. 15001, A Coruña. (Cita Previa (coruna.gal)
* Fórum Metropolitano. Rúa Río de Monelos núm. 1 C.P. 15006, A Coruña. (Cita Previa (coruna.gal)
* Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora s/n C.P. 15010, A Coruña. (Cita Previa (coruna.gal)
CALENDARIO DA CONVOCATORIA DE PRAZAS VACANTES
PUBLIC. PRAZAS VACANTES |
20 XUÑO |
|
PRAZO SOLICITUDE NOVOS INGRESOS |
22 XUÑO - 4 XULLO |
|
PUBLICACIÓN LISTAS PROVISIONAIS |
12 XULLO |
|
PRAZO PARA PRESENTAR ALEGACIÓNS |
13-19 XULLO |
|
PUBLICACIÓN LISTAS DEFINITIVAS |
26 XULLO |
|
MATRÍCULA |
27-28 XULLO |
INSCRICIÓN EN LIÑA
ACCEDA AQUÍ PARA REALIZAR A SOLICITUDE DE PRAZA DA REDE DE ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS 2022-2023
As persoas interesadas deben facer unha inscrición en liña na web municipal www.coruna.gal/educacion a través da ficha específica "Solicitude de praza na escola infantil 2022-2023". Unha vez feita e cuberta a ficha, o sistema elabora un xustificante (documento PDF) que achegará ao correo electrónico facilitado no momento de ter feito a solicitude. Este documento deberase IMPRIMIR, ASINAR E PRESENTAR no rexistro xeral xunto co resto da documentación no prazo de presentación das solicitudes. Non se considerará efectuada a solicitude mentres non se presente no rexistro municipal.
O xustificante ten un número de identificación (ID) que será o de referencia de cada expediente no proceso e para localizar as persoas solicitantes nas listaxes publicadas.
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible