Concello da Coruña

Concello da Coruña

Calendario escolar dos centros

Calendario escolar 2026-27

As actividades lectivas nas ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, bacharelato, primeiros cursos de ciclos formativos de grao básico, de grao medio e de grao superior de formación profesional, nos cursos de especialización e nos ensinos de réxime especial realizaranse desde o día 9 de setembro de 2026 ata o 21 de xuño de 2027, ambos inclusive.

Nos segundos cursos dos ciclos formativos de grao básico, grao medio e grao superior de formación profesional, as actividades lectivas realizaranse desde o día 9 de setembro de 2026 ata o 15 de xuño de 2027, ambos inclusive.

No segundo curso de bacharelato a impartición das clases finalizará de acordo coas datas previstas para a proba de acceso á universidade.

Períodos de vacacións escolares

Os períodos de vacacións escolares para o curso académico 2026/27 serán os seguintes:

  • Desde o día 22 de decembro de 2026 ata o día 7 de xaneiro de 2027, ambos inclusive.
  • Os días 8, 9 e 10 de febreiro de 2027.
  • Desde o día 22 ata o día 29 de marzo de 2027, ambos inclusive.

O Día do Ensino, que terá a consideración de día non lectivo, celebrarase o 7 de decembro de 2026.

Descargue o Calendario escolar en Galicia para o curso 2026-2027 .

Documentos relacionados

  • Orde do 4 de xuño de 2026 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2026/2027 (417 KB)
  • Calendario escolar en Galicia para o curso 2026-2027 (58 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión