Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programas educativos

  • A cara oculta da lata: bebidas enerxéticas e alcohol 2026-27

    Fomento das habilidades persoais e sociais necesarias para adoptar decisións informadas e críticas fronte o consumo de alcohol e bebidas enerxéticas, promovendo un modelo de lecer saudable e consciente.

  • A máscara das drogas 2026-27

    Taller que ten por obxecto promover unha reflexión e actitude crítica que contribúa á toma de decisións saudables respecto ao consumo de substancias en xeral e do consumo de alcohol e cannabis en particular.

  • A mellor estratexia de xogo 2026-27

    Taller que ten como obxectivo previr no alumnado o uso inadecuado dos videoxogos e a toma de conciencia sobre as vantaxes e inconvenientes, así como o establecemento de estratexias sobre o seu uso.

  • A Rede e as súas redes. Prevención de riscos asociados ao uso de Internet 2026-27

    Este taller ten como obxectivo promover a toma de conciencia por parte dos participantes dos riscos asociados ao uso de Internet, así como facilitar habilidades para moverse neste novo "hábitat" con seguridade.

  • A ruta da auga 2026-27

    Programa de educación ambiental que busca concienciar sobre a importancia da auga, promover o seu uso responsable e dar a coñecer o percorrido que segue na cidade desde a súa captación ata a súa devolución ao medio natural.

  • Alimentación e consumo 2026-27

    Área temática orientada a fomentar hábitos de alimentación saudables e un consumo responsable entre o alumnado.

    A través de distintos talleres, trabállanse aspectos clave como a nutrición, a interpretación da etiquetaxe, a planificación da compra ou a redución do desperdicio alimentario, e promóvese unha reflexión crítica sobre como as decisións de consumo inflúen na saúde e na contorna.

  • Antenas de información xuvenil 2026-27

    O Departamento de Mocidade do Concello da Coruña, a través dos Espazos Municipais de Información Xuvenil, sitúan en centros públicos e concertados con ESO e bacharelato da cidade unha rede de pequenas sucursais informativas durante o curso escolar.

  • Arte e cultura no centro 2026-27

    O programa "Arte e Cultura no Centro" ofrece unha experiencia educativa que complementa a xornada escolar de nenos e nenas, promovendo o seu desenvolvemento integral e a creatividade a través dun amplo abano de actividades artísticas e culturais. A través da experimentación, a expresión corporal, o teatro ou as artes plásticas, os participantes exploran a súa creatividade, desenvolven habilidades emocionais e comunicativas e descobren distintas formas de expresión persoal.

    Todo isto nunha contorna lúdica, participativa e respectuosa, onde o importante é experimentar, crear e gozar da cultura desde a infancia.

    O programa organízase a través de Obradoiros

  • As artes ao servizo da diversidade educativa

    Xornada formativa, organizada pola Fundación EMALCSA e o Servizo Municipal de Educación, destinada ao profesorado dos centros de ensino da Coruña interesado en adquirir técnicas e coñecementos para traballar co alumnado de necesidades educativas especiais desde as artes.

  • Atrápache o molde? Promoción do pensamento crítico e prevención da manipulación mediática 2026-27

    Taller que promove o pensamento crítico, a influencia das ideas preconcibidas nas condutas e a comprensión da manipulación mediática a través da Internet e outros medios.

  • Aulas activas de seguridade viaria 2026-27

    STOP Accidentes desenvolve un modelo de intervención socioeducativa dirixido á poboación moza, co obxectivo de fomentar unha mobilidade segura, autónoma e sustentable. A través de metodoloxías activas e participativas adaptadas a cada colectivo, promóvense actitudes responsables como peóns, persoas usuarias de bicicletas e vehículos de mobilidade persoal (patinetes), persoas pasaxeiras ou futuras persoas condutoras, para o que se aliña a intervención cos principios da educación para a cidadanía, a sustentabilidade e a prevención dos sinistros viarios.

    O programa adapta a súa intervención aos distintos tramos de idade e momentos evolutivos e favorece a adquisición de coñecementos, habilidades e valores relacionados coa convivencia, a corresponsabilidade, a percepción do risco e o respecto ás normas que regulan unha mobilidade segura, tanto en contornas urbanas como interurbanas.

  • Bolsas Norteamérica 2027-2028

    Programa mediante o cal se lle ofrece ao alumnado de 4.º da ESO empadroado no Concello da Coruña a oportunidade de cursar o Grao 11 (equivalente a 1.º de bacharelato) no Canadá.

  • Camiños escolares ANCAS (Asociación de Nenos/as Camiñantes por un Ambiente Sostible e seguro) 2026-27

    A mobilidade cotiá forma parte do proceso educativo e constitúe unha oportunidade para fomentar desde a infancia hábitos de desprazamento seguros, saudables, autónomos e respectuosos coa contorna. Os camiños escolares seguros favorecen o desenvolvemento persoal do alumnado, promoven a mobilidade activa e contribúen á creación de cidades máis accesibles, sostibles e amables para a infancia.

    A través de actividades adaptadas ás capacidades e necesidades de cada etapa educativa, o proxecto sensibiliza sobre a importancia da prevención, a convivencia e a seguridade viaria, favorecendo a implicación da comunidade educativa na construción de contornas escolares máis seguros, saudables e sostibles.

  • Chorus - Concerto pola Paz 2027 (en horario escolar)

    O programa "Chorus" é un programa educativo e cultural do Concello da Coruña para a formación de coros infantís/xuvenís de nenas e nenos.

    Iniciouse no curso 2025/2026 nos centros educativos e desenvolveuse en horario lectivo, cunha ampla participación e a implicación de centros escolares e formacións musicais de referencia.

    Nesta nova edición, incorpora a colaboración da Federación Provincial de ANPA e intégrase nas actividades extraescolares para facilitar a participación das nenas e nenos interesados.

    O programa está baixo a coordinación de Fernando Briones, profesor do Conservatorio Superior de Música da Coruña e director titular da Orquestra e do coro GAOS.

  • Chorus - Concerto pola Paz 2027 (en horario extraescolar)

    O programa "Chorus" é un programa educativo e cultural do Concello da Coruña para a formación de coros infantís.

    Iniciouse no curso 2025/2026 nos centros educativos e desenvolveuse en horario lectivo, cunha ampla participación e a implicación de centros escolares e formacións musicais de referencia.

    Nesta nova edición, incorpora a colaboración da Federación Provincial de ANPAS, integrándose nas actividades extraescolares para facilitar a participación das nenas e nenos interesados.

    O programa está baixo a coordinación de Fernando Briones, profesor do Conservatorio Superior de Música da Coruña e director titular da Orquestra e coro Gaos.

  • Cinema na Escola 2026-27

    "Cinema na Escola" busca achegar esta disciplina artística audiovisual ás e aos máis novos, aos centros e ao seu persoal docente, para que comproben de primeira man e a través do mundo da curtametraxe como as novas tecnoloxías nos facilitan o acceso a esta potente ferramenta, didáctica e experiencial.

    Un curso máis creamos unha escena "de cinema" na nosa contorna educativa para elaborarmos unha curtametraxe en lingua galega: luces, cámara e acción...

  • Compras seguras 2026-27

    Os talleres da área de compras seguras están orientados a que o alumnado coñeza os riscos asociados aos produtos de uso cotián e aprenda a identificalos e previlos. A través de actividades prácticas, trabállanse aspectos relacionados coa seguridade dos produtos, a etiquetaxe e as pautas de uso seguro en diferentes contornas. Estas actividades contribúen ao desenvolvemento da autonomía persoal, a educación para a saúde e a prevención de riscos, facilitando a súa integración no currículo educativo e na programación do centro como actividades complementarias vinculadas a competencias clave.

  • Concurso de cartas e debuxo "Agora imos andando ao cole" 2026-27

    O concurso "Agora imos andando ao cole" trátase dunha actividade educativa dirixida ao alumnado de 3.º a 6.º de EP dos centros educativos da Coruña.

    A través da expresión artística e escrita, preténdese fomentar a reflexión sobre a mobilidade segura e sustentable, promovendo o camiño escolar como unha alternativa saudable, autónoma e respectuosa coa contorna.

  • Concurso de Drons 2026-27

    Sesións de formación e de familiarización no manexo de drons para posteriormente participar nun concurso a nivel autonómico.

    Trátase de propiciar a introdución na aula dunha tecnoloxía nova e motivadora, así como de alcanzar obxectivos educativos a través do manexo e programación con Droneblocks do dron Tello.

    Abordaranse as posibilidades e limitacións para o voo de drons. As súas características e manexo, así como a forma de accionar e controlar un dron desde un computador ou dispositivo móbil. Realizarase a programación de drons utilizando Droneblocks, que está baseado en Scratch (linguaxe de programación a través de bloques, creado polo MIT).

  • Consello Local da Infancia da Coruña 2026-2027

    O Concello da Coruña, a través do Servizo de Educación, promove o Consello Local da Infancia da Coruña, CLIAC, cuxo obxectivo é constituír un grupo estable de traballo con nenos e nenas da cidade que traslade a voz da infancia ás políticas públicas do Concello.

  • Consumo consciente, colaborativo e responsable 2026-27

    Os talleres da área de consumo consciente, colaborativo e responsable están orientados a que o alumnado coñeza diferentes formas de consumo que priorizan a ssostibilidade, a xustiza social e o uso eficiente dos recursos. A través de actividades prácticas e participativas, abórdanse aspectos como o comercio de proximidade, o consumo responsable, a xestión de recursos e a economía circular.

    Estas actividades contribúen ao desenvolvemento do pensamento crítico, a educación en valores e a sostibilidade, facilitando a súa integración no currículo educativo e na programación do centro.

  • Consumo Responsable das Tecnoloxías 2026-27

    Os talleres da área de Consumo actual e novas tecnoloxías están orientados a que o alumnado coñeza as posibilidades e riscos asociados ao uso de Internet, as redes sociais e o comercio electrónico. A través de actividades prácticas e participativas, trabállanse aspectos relacionados coa seguridade dixital, a protección de datos e a toma de decisións informadas na contorna en liña.

    Estas actividades contribúen ao desenvolvemento da competencia dixital, o pensamento crítico e a educación para o consumo responsable, facilitando a súa integración no currículo educativo e na programación do centro como actividades complementarias vinculadas a competencias clave.

  • Con-tacto con palabras: promoción da saúde mental no ámbito escolar 2026-27

    Ten como obxectivo promover o benestar emocional do alumnado a través da expresión das súas experiencias, pensamentos, sensacións... e a súa incorporación de forma saudable ao seu hábitat emocional (regularización de emocións, prevención de ansiedade...), como parte da prevención de riscos asociados ao comezo de condutas adictivas.

  • Converxencias, arte e ciencia 2027. Exposición Escher

    A exposición Converxencias, arte e ciencia: Escher, organizada pola Institución Galega de Ciencia (IGACIENCIA) e o Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, enmárcase dentro das actividades de difusión da ciencia e da cultura científica na sociedade, para mostrar as sinerxias e os vínculos entre a arte e a ciencia, propiciar a comprensión do método científico, a resolución de problemas, o espírito crítico e o interese social pola ciencia e a innovación como base do progreso.

  • Cortinas de fume: riscos do vapeo e o consumo de tabaco 2026-27

    Desenvolvemento de competencias persoais e sociais que favorezan actitudes preventivas fronte aos riscos do uso de vapeadores e o consumo de tabaco.

resultados 71

Programas educativos

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión