Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axentes da Polícia Local visitaron a EIM Monte Alto no ámbito do programa de seguridade viaria "Os parruliños coñecen a rúa"

Cando:

30 de abril de 2026

Os axentes falaron cos nenos e nenas sobre a importancia de recoñecer a nosa contorna máis próxima.

A Escola Infantil Municipal de Monte Alto recibiu esta semana a visita dun grupo de axentes da Policía Local, da man do programa educativo de seguridade viaria " Os parruliños coñecen a rúa 2025-26 ".

Os axentes falaron cos nenos e nenas sobre seguridade viaria e sobre o necesario que é recoñecer a nosa contorna máis próxima: as rúas, prazas e lugares por onde andamos e circulamos. Ademais, tamén puxeron o foco na importancia de andar da man, diferenciar os pasos de peóns ou coñecer hábitos sinxelos para favorecer os paseos de casa á escola, da escola ás prazas, aos museos próximos, etc.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión