Concello da Coruña

Concello da Coruña

Así foi a gala de "Cinema na escola"

Cando:

24 de maio de 2022

A gala levouse a cabo no Ágora, onde asistiron os 25 centros educativos que participaron no programa

O auditorio do Centro Sociocultural Ágora acolleu o 12 de maio a gala final do proxecto "Cinema na Escola", un programa promovido polo Concello da Coruña para fomentar a cultura audiovisual e a aprendizaxe cinematográfica entre os mozos e mozas. Así foi a gala.

Previamente tamén se emitiu un breve vídeo que resumía o traballo realizado polo alumnado participante.

Curtametraxes premiadas

Para as curtametraxes presentadas en Educación Secundaria, o CPR Esclavas recibiu o premio á Mellor fotografía por "A luz escura" e o CPR Franciscanos o premio aos Mellores efectos visuais por "Non é un xogo". O CPR Fogar de Santa Margarida recibiu dous galardóns -Mellor son e Mellor interpretación- pola súa curtametraxe "FUXIDE!". "O derradeiro acorde" do IES Salvador de Madariaga foi o favorito da categoría, recibindo o premio á Mellor curtametraxe xunto con Mellor guión e Mellor edición e montaxe.

No eido das presentadas polo alumnado de primaria, o CEIP Eusebio A Garda foi galardoado cos premios á Mellor fotografía e Mellor son por "Spiderman". O premio ao Mellor guión foi para o CEIP Novo Mesoiro, pola súa curta "O segredo de San Martiño". O CPR Cid foi o claro gañador da gala pola súa curta "Atrévete ti", levando os premios á Mellor edición e montaxe, Mellores efectos visuais, Mellor interpretación e Mellor curtametraxe.

Ademais, houbo un premio especial, o premio á Mellor acollida do público baseado na curtametraxe máis viral. O galardón foi, na categoría de primaria, para o centro CEIP Sagrada Familia por "Un libro en branco" e na categoría de secundaria, para o IES Salvador de Madariaga por "O derradeiro acorde". Dende a publicación das curtametraxes moitos centros realizaron campañas de difusión da peza audiovisual, creando merchandising e facendo publicacións en redes sociais para dar a coñecer o seu traballo.

Os traballos poden visualizarse na canle de youtube da concellaría de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego.

Programa ao que pertence

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión