Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Así se desenvolveu o XI Foro de Participación Infantil Parlamento de Galicia - UNICEF
Cando:
4 de decembro de 2023
O evento enmárcase dentro do programa Consello Local da Infancia da Coruña (CLIAC)
Nove escolares participaron o pasado 28 de novembro no XI Foro de Participación Infantil Parlamento de Galicia - UNICEF que tivo lugar no Parlamento de Galicia e que se retransmitiu en directo pola web oficial da entidade galega.
Ademais do presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices, que presidiu o acto, participaron representantes dos distintos grupos parlamentarios convidados pola Comisión de Seguimento do Pacto Galego pola Infancia. Por parte de Unicef Comité Galicia, participou a súa presidenta Myriam Garabito.
A sesión serviu para conmemorar o Día Mundial da Infancia, que foi o 20 de novembro.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible