Concello da Coruña

Concello da Coruña

Charla formativa "Nosa vida con autismo", na EIM Monte Alto

Cando:

13/04/2026

Inscricións:

Ata o 08/04/2026

Horario:

A partir das 17:30 horas.

Enderezo:

EIM Monte Alto. Rúa Vigía (Zona Monte Alto) s/n, Bajo. 15002 A Coruña

O obxectivo é poder dar unha segunda vida a xoguetes, contos ou complementos como mochilas ou botas de auga.

A Escola Infantil Municipal Monte Alto organiza, o vindeiro luns 13 de abril, a partir das 17:30 horas, unha charla formativa titulada "A nosa vida con autismo".

Trátase dun espazo aberto á pluralidade e a diversidade do alumnado, para a observación e o acompañamento de cada neno/a, e para orientar á familia e apoiar aos profesionais externos na atención e estimulación temperá.

A actividade, que terá lugar nas instalacións da escola, está presentada polo equipo APAE (Centro de atención psicopedagógica, atención temperá, estimulación da linguaxe e formación permanente) e diríxese a equipos educativos, pais, nais e persoas interesadas polo tema.

As prazas son limitadas. A inscrición previa realizarase a través do mail ei.montealto@hotmail.com

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión