Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Principal: El entusiasmo

Cando:

Dende o 13/11/2026 ata o 14/11/2026

Horario:

20.30 h

*Unha vez que comece o espectáculo NON se poderá acceder á sala

Prégase puntualidade.

Duración:

125 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

25'00, 20'00, 15'00, 10'00 € (desconto do 20% para +65 anos, Carné Xove, e persoas desempregadas; do 25% para familias numerosas)

*Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada independentemente da idade que teñan ou de ocuparen ou non butaca.

Unha coprodución de Centro Dramático Nacional, Teatro Kamikaze coa participación de Crea SGR.

De  Pablo Remón

Estruturada nun prólogo e catro partes que funcionan case de maneira independente, El entusiasmo son varias obras nunha. Un caleidoscopio de estilos diferenciados, que se complementan e mesmo se contradin, cuxa columna vertebral segue a vida dunha parella: os seus conflitos persoais, as súas crises matrimoniais, a súa relación coa maternidade/paternidade. E tamén os seus soños, os seus desexos, os seus recordos, os seus relatos e narracións. A obra vincula o tema do entusiasmo na vida dos personaxes co entusiasmo pola narración e por contar historias. Algunhas destas historias céntranse no pequeno, no mundo da parella, a maternidade/paternidade e as súas complexidades, outras se afastan da historia principal e lévannos a outros personaxes e outros mundos. Nada se resolve demasiado, nada se soluciona. Porque, como escribe a autora Sarah Manguso no seu libro 300 razóns: "Quizá valla a pena renunciar ao matrimonio polo sexo e quizá valla a pena renunciar ao sexo polo matrimonio. Quizá valla a pena renunciar á maternidade polo traballo e quizá valla a pena renunciar ao traballo pola maternidade. Cada caso é ortogonal con respecto a todos os demais. Ese é todo o problema".

Elenco: Francesco Carril, Natalia Hernández, Raúl Prieto, Marina Salas

Texto e dirección: Pablo Remón

Escenografía: Monica Boromello

Iluminación: David Picazo

Deseño de vestiario: Ana López Cóbos

Espazo sonoro: Sandra Vicente

Axudante de dirección: Juan Ollero

Cuarta edición premios TALÍA 2026.

  • Nominación Premio Mellor Autoría de teatro de texto: Pablo Remón

Premios Max 2026

  • Nominación Premio Mellor Espectáculo teatral

Venda de entradas soltas a partir do 4 de setembro

Despacho de billetes da praza de Ourense, de luns a venres das 11.00 ás 15.00 e das 16.30 ás 19.30 h

Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función dende as 16.00 h

Venda en liña 

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión