Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cinema na Escola 2025-26: gala de entrega de premios (educación primaria)

Cando:

19/05/2026

Horario:

A partir das 17.00 horas

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

A gala de entrega de premios para a categoría de educación primaria realizarase o martes 19 de maio, a partir das 17.00 horas, no Centro Sociocultural Ágora.

A cuarta edición do programa municipal Cinema na Escola celebra a súa gala final, para a categoría de educación primaria, o martes 19 de maio, a partir das 17.00 horas, no Centro Sociocultural Ágora.

Na gala, que contará coa presenza do concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego, serán proxectados fragmentos das curtas finalistas, desvelados os grupos gañadores e, finalmente, entregados os premios correspondentes (mellor curtametraxe, interpretación, guión, fotografía, efectos visuais, edición e montaxe, e edición de audio).

Como en edicións anteriores do programa, o público poderá votar a que considera a mellor curtametraxe de cada unha das categorías (primaria e ESO). Para iso, xa se poden visualizar as 18 curtas presentadas nesta edición (9 de educación primaria e 9 de ESO) na canle de YouTube de Educación do Concello da Coruña.

Para determinar as curtametraxes gañadoras do premio do público na categoría de educación primaria, teranse en conta as estatísticas de reproducións, gústames (likes) e retencións entre o xoves 14 de maio ás 12.00 horas e o martes 19 de maio ás 12.00 horas.

Grupos participantes na categoría de educación primaria

Programa ao que pertence

  • Cinema na Escola 2025-26

    "Cinema na Escola" busca achegar esta disciplina artística audiovisual aos máis novos, aos centros e aos seus docentes, para que comproben de primeira man e a través do mundo da curtametraxe como as novas tecnoloxías facilítannos o acceso a esta potente ferramenta, didáctica e experiencial.

    Un curso máis creamos unha escena "de cinema" na nosa contorna educativa para crear unha curtametraxe en lingua galega: luces, cámara e acción...

    Máis información

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión