Mocidade entre 14 e 18 anos, ambas as idades incluídas.
Dende o 09/10/2025 ata o 18/12/2025
Os xoves, cada quince días, en horario de 18.00 a 19.30.
Dende o 18/09/2025 ata o 18/12/2025
Require inscrición.
Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña
Teléf.: 981 189 886
Únete ao Club de Lectura Xuvenil da Biblioteca Ágora!
Nas Bibliotecas Municipais da Coruña non queremos deixar de compartir a nosa paixón pola lectura, e por iso ofrecemos novas prazas para clubs de lectura.
Podes pertencer ao Club de Lectura Xuvenil da Biblioteca Ágora se tes entre 14 e 18 anos e ganas de ler, de facer novas amizades e formar parte dunha experiencia única. Desde a Biblioteca facilitarémosvos os libros e reunirémonos os xoves, cada quince días, para conversar sobre eles, reflexionar e divertirnos. Descubriremos xéneros literarios e autoras/es moi diferentes e non só nos limitaremos ao formato papel, senón que apostaremos por outras linguaxes dixitais e artísticas. Agardámoste!!
Proxectos educativos
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible