Alumnado de 2 a 3 anos das escolas que forman parte da Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM) e alumnado de EI e EP dos CEIP da cidade.
14/06/2026
De 10:00 a 12:00 horas.
O domingo 14 de xuño, de 10:00 a 12:00 horas, a chaira do Pavillón de deportes de Riazor transformarase nun gran escenario de xogo organizado en varias estacións temáticas.
O Concello da Coruña súmase á conmemoración do Día Internacional do Xogo coa celebración, o domingo 14 de xuño, dunha xornada lúdica cunha programación especialmente dirixida á infancia, organizada en coordinación cos centros educativos públicos da cidade.
O evento desenvolverase na chaira do Pavillón de deportes de Riazor, de 10:00 a 12:00 horas, transformándose o espazo de maneira temporal nun gran escenario de xogo para o alumnado de 2 a 3 anos das escolas da Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM). O Servizo de Educación dispoñerá un servizo de autobuses gratuíto para as escolas para os seus desprazamentos a Riazor.
Máis información na páxina do programa: Día Internacional do Xogo 2025-2026
Programa ao que pertence
O Concello da Coruña súmase á celebración do Día Internacional do Xogo cunha programación especialmente dirixida á infancia, organizada en coordinación cos centros educativos públicos da cidade.
O Día Internacional do Xogo é unha xornada proclamada oficialmente pola ONU (https://www.un.org/es/observances/international-day-of-play ), que se celebra anualmente o 11 de xuño, para destacar a importancia de preservar, promover e dar prioridade ao xogo para que todas as persoas, especialmente os nenos e as nenas, poidan cultivar os seus froitos e desenvolver todo o seu potencial.
Máis informaciónSentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible