13 de maio de 2025
Ao redor dun milleiro de escolares, científicos e científicas ofrecéronlle ao público multitude de actividades e experiencias que conectan a ciencia e a tecnoloxía coa vida cotiá.
O parque de Santa Margarita foi testemuña, o pasado sábado 10 de maio, da 29.ª edición do Día da Ciencia na Rúa.
Ao longo do día, máis de 1.000 escolares, científicos e científicas de 54 centros escolares da Coruña e outras localidades galegas, 9 centros universitarios e 13 entidades ofrecéronlle ao público participante numerosas propostas, actividades e experiencias para conectar a ciencia e a tecnoloxía coa vida cotiá.
Desde o programa educativo Coruña Tardes acudiron tres grupos do obradoiro ABRACADABRA, de Ciencia e Maxia, dos centros San Pedro de Visma, Juan Fernández Latorre e María Barbeito; en total participaron 14 menores que mostraron información sobre diversos experimentos relacionados coa electricidade.
Eventos relacionados
Noticias relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible