Concello da Coruña

Concello da Coruña

O programa Colexio Aberto ao Barrio amplíase a máis centros durante o verán

Cando:

14 de xullo de 2018

O programa Colexio Aberto ao Barrio, enmarcado no programa municipal Coruña Próxima, amplíase a máis centros durante o período estival.

Os patios dos centros de Educación Infantil e Primaria Raquel Camacho, Juan Fernández Latorre, Alborada, Sanjurjo de Carricarte e Manuel Murguía permanecerán abertos a partir do sábado 14 de xullo, de luns a domingo, en horario de 18:00 h a 21:00 h. Neles, os nenos e as nenas poderán gozar de xogos populares e tradicionais, xogos pre-deportivos, danzas do mundo e competicións deportivas.

O acceso é libre e non require inscrición previa.

Programa ao que pertence

  • Patios abertos

    Apertura das instalacións exteriores dos colexios, en horario non lectivo, e uso delas como lugares de participación e socialización.

    Máis información

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión