13 de maio de 2025
As prazas como lugar de intercambios económicos ao longo da historia ou a batalla de Elviña foron algúns dos temas ao redor dos que viraron os itinerarios da primeira semana de maio.
A primeira semana completa do mes de maio (do 5 ao 9 de maio), arrincou cunha nova quenda de visitas do programa Itinerarios 2024-25 , que busca darlle a coñecer a historia da Coruña e dos seus edificios emblemáticos ao alumnado dos CEIP e IES da cidade.
Os días 5 e 6 de maio, alumnos e alumnas do CEIP San Francisco Javier (6.º de EP) e do CEIP Anxo da Guarda (5.º e 6.º de EP) gozaron do itinerario "Prazas con poder", a través do cal coñeceron a importancia, ao longo da historia, das prazas como lugar de intercambios económicos ou de encontro veciñal. O percorrido permitiulles coñecer desde a praza de María Pita e o Concello ata prazas como a da Colexiata, Santo Domingo, Azcárraga ou a da Constitución.
Pola súa banda, os días 7 e 9 de maio, alumnado de 3.º de EP do CEIP Anxo da Guarda e de 4.º de EP do CEIP Sal Lence acudiu ao museo militar para coñecer como foi a batalla de Elviña e a figura de Sir John Moore para, a posteriori, saber algo máis da historia doutros personaxes da cidade como Isabel Zendal ou María Pita.
Pódense consultar os próximos itinerarios programados desde a seguinte ligazón: calendario de itinerarios programados.
Programa ao que pertence
Percorridos por diversas zonas da cidade para coñecer a súa historia e algúns dos edificios emblemáticos, mediante actividades de observación.
Máis informaciónEventos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible