Concello da Coruña

Concello da Coruña

II Xornada de formación de representantes municipais en consellos escolares de centros públicos 2018/19

Cando:

15/11/2018

Xa rematou

Horario:

De 16.30 a 20:30 horas no salón de actos do centro cívico municipal Cidade Vella

Enderezo:

Rúa Veeduría 2. 15001

Organizada pola Concellaría de Xustiza Social e Coidados, co obxecto de presentar a perspectiva de igualdade de xénero na escola, dar a coñecer as principais novidades dos programas educativos municipais dirixidos aos centros escolares para iste curso e promover unha xornada de convivencia entre os representantes municipais en consellos escolares de centros do concello.

Programa:

  • Presentación da documentación e da sesión de traballo, pola xefa de departamento do Servizo Municpal de Educación, Susana Vara Bilbao.
  • "A PERSPECTIVA DE IGUALDADE DE XÉNERO NA ESCOLA" pola relatora Mónica Otero Beceiro, Traballadora social e Master en Educación en Xénero e Politicas de Igualdade pola Universidade de Vigo e Experta en Políticas de Igualdade pola Universidade da Coruña.
  • Descanso-café.
  • Presentación da política educativa municipal para o curso 2018/19: valoración e principais novidades da páxina web, dos programas, das obras e da rede de escolas infantís municipais, pola tenente de alcalde do Área de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán Calvete.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión