De calquera concello
22/10/2025
Xa rematou
Ás 17:30 horas.
Servizo de Educación e Servizo de Museos Científicos
Servizo de Educación e Servizo de Museos Científicos
A reunión (telemática e presencial) está dirixida ao profesorado e os centros interesados en participar no programa. Celebrarase o mércores 22 de outubro, ás 17:00 horas, na Domus.
O vindeiro mércores 22 de outubro, ás 17:30 horas, celebrarase na Domus unha reunión informativa (presencial e telemática) dirixida ao profesorado e os centros educativos interesados en participar no programa V Concurso Imaxina Coruña 2025-26 .
O programa Imaxina Coruña nace como unha iniciativa municipal de carácter innovador que pretende difundir a cultura científica e tecnolóxica entre o alumnado de secundaria. A organización propoñerá un tema que servirá de marco para que o alumnado participante desenvolva un proxecto orixinal empregando ferramentas científicas, tecnolóxicas e matemáticas (STEM) que teña como finalidade contribuír á resolución dun problema real da sociedade. Na edición deste ano a temática é libre.
O concurso está dirixido a centros educativos públicos e concertados da cidade e a área metropolitana, que conten con grupos de alumnado de ESO e bacharelato.
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o xoves 30 de outubro.
Máis información sobre as bases e ligazón á ficha de inscrición na páxina do programa: V Concurso Imaxina Coruña 2025-26
Programa ao que pertence
O programa Imaxina Coruña nace como unha iniciativa municipal de carácter innovador que pretende difundir a cultura científica e tecnolóxica entre o alumnado de secundaria. A organización propoñerá un tema que servirá de marco para que o alumnado participante desenvolva un proxecto orixinal empregando ferramentas científicas, tecnolóxicas e matemáticas (STEM) que teña como finalidade contribuír á resolución dun problema real da sociedade. O proxecto finalizará coa presentación pública dos experimentos ou materiais creados que cheguen á fase finalista.
Máis informaciónSentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible