21 de febreiro de 2025
As sesións serán impartidas por profesionais especializados e terán un enfoque práctico.
Desde a Escola Infantil Municipal Caracola apostan pola formación continua das familias como unha ferramenta crave para acompañar o desenvolvemento da infancia de maneira consciente e respectuosa.
Nesta liña, e como parte do programa da escola "Escola de familias" ofrecerán, entre o 25 de febreiro e o 27 de xuño de 2025, un ciclo de talleres dirixidos ás familias onde se abordarán temas fundamentais sobre a crianza, saúde e educación.
Cada sesión será impartida por profesionais especializados e terá un enfoque práctico para que as familias poidan resolver dúbidas e adquirir ferramentas útiles no seu día a día.
Calendario de talleres
Todos os talleres celebraranse na propia escola.
Inscrición e máis información: inscripcion@acaracola.com
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible