Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
A Escola infantil de Monte Alto presenta o proxecto "O firmamento das emocións"
A Escola Infantil de Monte Alto presenta o proxecto "O firmamento das emocións"
Cando:
6 de maio de 2026
O proxecto ten como obxectivo achegar a astronomía e as emocións de forma lúdica e creativa.
O día 9 de maio, diante do Quiosco Alfonso dos Cantóns, e das 11.00 ás 19.00 horas, a Escola Infantil Municipal de Monte Alto presenta o proxecto O firmamento das emocións, unha adaptación dunha iniciativa anterior da agrupación astronómica dirixida a nenos/as en idades temperás.
Haberá dúas sesións nas que se narrará este conto xunto cunha intérprete en linguaxe de signos. Pola mañá, ás 12.30 h, e pola tarde, ás 17.30 horas.
O proxecto ten como obxectivo achegar a astronomía e as emocións de forma lúdica e creativa, mediante:
Actividades que relacionan emocións con animais habituais en contos infantís.
A creación de constelacións nun mural, utilizando liñas e puntos.
A narración de historias que combinan animais, música, estacións e emocións.
O uso conxunto de linguaxe oral e lingua de signos, fomentando a expresión e comprensión.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible