Concello da Coruña

Concello da Coruña

A REIM abre unha nova convocatoria para solicitar praza con 56 vacantes

Cando:

1 de febreiro de 2023

O prazo de solicitude será de o 1 a o 15 de febreiro.

Ábrese unha convocatoria para solicitar praza nas escolas con prazas vacantes. A súa adxudicación está sometida aos criterios de baremación sinalados nas Bases Reguladoras do proceso de admisión nas escolas infantís integradas na rede de escolas infantís municipais para o curso 2022-2023, publicadas no BOP nº 57 do 24 de marzo de 2022 e na resolución publicada no BOP nº 116 do 20 de xuño de 2022.

Prazas vacantes mes de febreiro

Total de prazas vacantes: 56

Aulas (ano de nacemento) A CARACOLA AGRA DO ORZÁN ARELA CARRICANTA OS ROSALES LUÍS SEOANE MONTE ALTO OS CATIVOS
Aulas 0-1 (2022) 0 0 0 2 0 0 0 0
Aulas 1-2 (2021) 0 1 0 0 3 1 0 5
Aulas 2-3 (2020) 0 5 6 5 0 6 4 18

LUGAR DE PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN

A documentación e a ficha de solicitude asinada polos dous proxenitores deberá presentarse, preferiblemente, no rexistro electrónico do concello https://sede.coruna.gob.es, nos rexistros municipais ou por calquera outro medio permitido pola "Lei de Procedemento Administrativo".

Debido ás indicacións sanitarias por mor da pandemia do coronavirus, para acudir a calquera dos puntos de Rexistro e atención cidadá do Concello da Coruña é necesario solicitar cita previa en coruna.gal.

Enderezos:

* Concello da Coruña. Praza de María Pita, nº 1. C.P. 15001, A Coruña. (Cita Previa (coruna.gal)

* Rexistro Auxiliar A Franxa. Rúa da Franxa, nº 20. C.P. 15001, A Coruña. (Cita Previa (coruna.gal)

* Fórum Metropolitano. Rúa Río de Monelos nº 1 C.P. 15006, A Coruña. (Cita Previa (coruna.gal)

* Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora s/n C.P. 15010, A Coruña. (Cita Previa (coruna.gal)

MÁIS INFORMACIÓN EN Educación

Proxectos educativos

Documentos relacionados

  • Febreiro - convocatoria prazas vacantes (107 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión