Concello da Coruña

Concello da Coruña

Less dragqueens and more ChuNorris!

Cando:

20/09/2026

Horario:

19.00 h

*Unha vez que comece o espectáculo NON se poderá acceder á sala

Prégase puntualidade.

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

14'00, 10'00, 8'00, 6'50 € (desconto do 20% para +65 anos, Carné Xove, e persoas desempregadas; do 25% para familias numerosas)

*Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada independentemente da idade que teñan ou de ocuparen ou non butaca.

Estrea absoluta De Afonso Becerra de Becerreá Unha coprodución de ALÓproducións co Centro Dramático Galego

Esta é unha comedia que ispe o home. Pero que ninguén bote as mans á cabeza! Ou si, á cabeza, porque o espido vai dar para rir, pero sobre todo para pensar.

Dani Blanco e Alberte Bello, creadores con moita rúa e pouco "macherío", vístense e íspense coas galas das masculinidades varias, de varietés. Entre o circo e a comedia, este show é un axuste de contas á "machosfera" desde a retranca. 

Unha revolución para examinar as masculinidades tóxicas e o sufrimento que causan. Humor e amor son os dous actores principais e queren contar contigo.

Dramaturxia e dirección: Afonso Becerra de Becerreá

En escena: Alberte Bello e Dani Blanco

Dirección de movemento: Estefanía Gómez

Espazo escénico: Alberte Bello

Asistente de espazo escénico: Noa Iriarte

Espazo sonoro: ALÓproducións

Iluminación: Alberte Bello e Noa Iriarte

Vestiario e caracterización: Alberte Bello

Asistente de vestiario e caracterización: Sergio B. Carpintero

Imaxe gráfica e multimedia: Diego Seixo

Produción: ALÓproducións

Venda de entradas

Despacho de billetes da praza de Ourense, de luns a venres das 11.00 ás 15.00 e das 16.30 ás 19.30 h

Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función dende as 16.00 h

Venda en liña 

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión