Concello da Coruña

Concello da Coruña

Nova actividade de fomento da lingua galega nas escolas infantís

Cando:

18 de marzo de 2026

A proposta musical "O son que me arrola", da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy, achega aos nenos á cultura tradicional galega, da man dos cantos de berce e da instrumentación.

O programa educativo Fomento da lingua galega nas Escolas Infantís Municipais 2025-26 , que ten como obxectivo o fomento e a dinamización do galego nas escolas infantís do Concello da Coruña, baseándose no Plan xeral de normalización da lingua galega, chega de novo á Rede Municipal de Escolas Infantís da cidade durante os meses de marzo, abril e maio, a través da actividade "O son que me arrola", da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy.

"O son que me arrola" é unha proposta musical que ofrece a posibilidade de achegar aos/as nenos e nenas a cultura tradicional galega, da man dos cantos de berce e da instrumentación. Un espazo lúdico onde o alumnado pode experimentar e manipular os diferentes instrumentos de percusión: panderos, pandereitas, bombos, "tarrañolas"... e outros construídos a partir de materiais de refugallo. A actividade consta de dous partes: a primeira dedicada a escóitaa, que dura 20 minutos; a segunda parte dedicada á exploración e manipulación dos instrumentos.

As actividades durarán 50 minutos, aproximadamente, e realizaranse nas propias EIM, ao longo dos meses de marzo, abril e maio de 2026. En total, realizaranse 11 pases: un pase nas escolas Luis Seoane, Os Cativos, Monte Alto, A Caracola e Agra do Orzán; y dos pases nas tres EIM que contan cun maior número de alumnado (Arela, Os Rosales e Carricanta).

A entidade que realiza as actividades contactará con cada escola para acordar datas e horarios.

Máis información sobre a actividade: https://antoniogandoyeducacion.blogspot.com/p/ou-son-que-me-arrola-ou-son-que-me-arrola.html

Programa ao que pertence

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión