14 de marzo de 2026
A preinscripción en liña deberá realizarse entre o 16 e o 30 de marzo a través do portal web do Consistorio
O Concello confirmou hoxe a cantidade de novas prazas dispoñibles en cada unha das Escolas Infantís Municipais (actualmente oito repartidas por a cidade). O total de vacantes xeradas este ano é de 412 repartidas nos tres cursos (0-1 anos, 1-2 anos e 2-3 anos).
O último curso é o que más prazas xerou, con 158, seguido do segundo curso, con 134 e do primeiro, con 120. A distribución por centros é a seguinte:
Terán carácter preferente aquelas solicitudes de praza nas que concorra algunha das seguintes circunstancias:
Así mesmo, as prazas reservadas por urxencia social, por dárense algunhas das seguintes circunstancias:
Todas as situacións enumeradas anteriormente deberanse acreditar documentalmente para xustificar o carácter preferente mediante a presentación da correspondente documentación. Os requisitos en cada casa pódense consultar no portal municipal a través desta ligazón.
Para solicitar unha nova praza, o alumno deberá ter unha idade mínima de 3 meses o día de comezo do curso escolar e non ter cumpridos os 3 anos o 31 de decembro de 2026. Con todo, poderanse eximir do requisito do límite de idade de 3 anos os nenos e as nenas con necesidades específicas de apoio educativo, de acordo coa normativa vixente e co establecido nas bases.
Tamén será preciso que o menor estea empadroado con algún dos proxenitores ou, se fose o caso, c titor/a legal. Para determinar o domicilio tomarase como referencia o dos e as solicitantes. Todas as persoas interesadas en obter unha praza deberán presentar unha preinscrición a través da ficha específica de "Solicitude de praza curso 2026-2027", dispoñible nesta ligazón. A preinscrición en liña deberase realizar entre o 16 e o 30 de marzo de 2026. A preinscrición en liña debe entregarse, xunto co resto de documentación establecida nas bases reguladoras do procedemento, polo rexistro municipal para completar a solicitude.
Ademáis, este ano o Concello incorpora para os usuarios das escolas infantís a creación dunha lista de espera única unha vez pechado o proceso ordinario, de tal xeito que se poidan ir cubrindo as vacantes que queden sen necesidade de que os pais e nais agarden por unha convocatoria extraordinaria.
A alcaldesa, Inés Rey, recordou que o Concello segue a ofrecer de xeito gratuíto o servizo das escolas infantís na cidade: "Fomos pioneiros en Galicia en aprobar a gratuidade universal das nosas escolas e este ano, ademais, facémola extensible tamén ás dúas horas máximas de extensión de horario", indicou.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible